Publicador de contidos

Publicador de contidos

As bolsas estadounidenses desplómanse con fortes pérdidas entre o dous e o catro por cento

As bolsas estadounidenses desplómanse con fortes pérdidas entre o dous e o catro por cento

O medo a unha recesión pasa factura a Wall Street mentres o Ibex déixase un 1,32% aínda que resiste nos 13.000 puntos

O stand do índice Nasdaq en Times Square, Nueva York/ Europa Press O stand do índice Nasdaq en Times Square, Nueva York/ Europa Press
G24.gal 10/03/2025 22:27 Última actualización 10/03/2025 23:53

O índice industrial Dow Jones pechou con perdas do 2 por cento, o índice S&P caeu un 2,7 por cento e o tecnolóxico Nasdaq perdeu un 4 por cento en cotizacións nunha sesión de fortes caídas atribuídas ás recentes declaracións do presidente estadounidense, Donald Trump.

En total os tres índices suman máis dun billón de dólares (euros) en perdas, segundo o cálculo de Bloomberg, con valores como Tesla, propiedade de Elon Musk que caeron ata un 15 por cento.

As aerolíneas United Airlines e Delta caeron máis dun 4 por cento cada unha. Esta febre de vendas en Wall Street coincide ademais co anuncio de aranceis por parte de Trump, o que provocará unha resposta de potencias como China, Canadá ou México e por tanto unha caída das exportacións estadounidenses.

China comezou a aplicar aranceis ás importacións de polo, trigo e soia estadounidenses e desde Canadá anunciaron incrementos no prezo da electricidade que vende aos estados norteamericanos fronteirizos.

A semana pasada tamén houbo caídas dos índices bolsistas estadounidenses, como o S&P 500, que tivo a súa peor semana desde setembro do ano pasado. Os especialistas vinculan estas caídas á entrevista de Donald Trump emitida esta fin de semana por Fox News, quen apuntou a un "período de transición" con aranceis.

Ao ser interrogado pola posibilidade dunha recesión, Trump respondeu "odio facer predicións sobre cousas como esa".

"Leva tempo, pero creo que vai ser estupendo para nós", engadiu na entrevista. O domingo foi preguntado de novo por se descartaba unha recesión. "Quen sabe?", dixo.

Desde a toma de posesión de Trump o Dow Jones caeu un 2,5 por cento; o S&P 500, un 5 por cento e o Nasdaq, un 10 por cento amparados nos malos datos da economía estadounidense como o emprego, a confianza empresarial ou os tipos das hipotecas, en mínimos do últimas sete semanas.

Pola súa banda, o Ibex 35 iniciou a semana cunha caída do 1,32%, o que supón perder case 174 puntos, ata situarse nos 13.082,7 enteiros, cos mercados xa esperando as decisións que adopte a Reserva Federal (Fed) de Estados Unidos a semana que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade