Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sectores como a construción ou a hostalería tratan de adaptarse á falta de persoal cualificado

Sectores como a construción ou a hostalería tratan de adaptarse á falta de persoal cualificado

Fontaneiros, electricistas, mecánicos, pintores ou carpinteiros son outros dos profesionais máis demandados

Camareiros a traballar na barra dun restaurante en Lugo
Félix Aragunde 10/03/2025 20:01 Última actualización 10/03/2025 20:19

A falta de man de obra cualificada converteuse nun dos principais retos nalgúns dos sectores máis importantes da nosa economía. É o caso da construción, onde a carencia de persoal dabondo fai que se atrasen as obras durante meses e incluso anos, ademais de encarecer os prezos.

"Cando hai moitísima demanda e poquísima oferta, empezan os prezos a dispararse. E moito tempo de espera nas obras. Para substituir un prato de ducha, por exemplo, é moito o que hai que agardar", explica Ignacio García Armas, encargado dunha empresa de reformas.

No caso da hostalería, o sector tivo que adaptarse á falta de camareiros ou cociñeiros. Fíxoo reducindo horarios e suprimindo servizos, sobre todo nas ceas pola semana.

"Encontrar a alguén cualificado é case imposible. Como non teñas contigo que leve contigo de tempo atrás, tes un problema. E a esa xente tes que darlle calidade de vida, polo que tes que recortar horario", indica Pablo Fernández, xerente dun restaurante. 

Debido á falta de relevo xeracional, fontaneiros, electricistas, mecánicos, pintores ou carpinteiros son outros dos profesionais máis demandados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar