Publicador de contidos

Publicador de contidos

A demanda de vivendas modulares aumenta en Galicia por prezo, calidade e tempo

A demanda de vivendas modulares aumenta en Galicia por prezo, calidade e tempo

A crecente falta de empresas de albanelería supón un impulso para este sector
 

G24.gal 09/03/2025 16:40 Última actualización 09/03/2025 17:18

A demanda de casas modulares aumenta en Galicia. As construcións prefabricadas preséntanse como unha alternativa competitiva en calidade e prezos coa edificación tradicional. Ademais, a crecente falta de empresas de albanelería supón un impulso para este sector.

Nesta nave situada en Arzúa constrúen ao mesmo tempo dúas vivendas unifamiliares, unha para Curtis e outra para Sanxenxo. Nun par de meses estarán rematadas.

"O prazo que damos é de oito meses debido á demanda, pero a construción é un par de meses", di José Antonio Villar da empresa Hauss.

"Temos pedidos para dous anos, temos cerrada o que é a nosa carteira para dous anos", afirma Juan María Lorenzo, arquitecto da empresa.

A construción de vivenda industrializada é aínda unha alternativa minoritaria en Galicia, pero a demanda é crecente. 

"Cada ano vai gañando mercado e cremos que esa vai ser a traxectoria. Se as estatísticas din que estamos no 3, o 6 % da construción, pois... a marxe é moi grande", conta Villar.

"Nos próximos dez, quince anos será maioritaria no sector da construción en España", afirma Lorenzo.

A falta de empresas dedicadas ao sector da construción tradicional de casas unifamiliares impulsa o crecemento dun sector que compite en calidade, prazos e tamén prezos.

"Dificilmente se vai poder competir cos prazos e tamén coa calidade do traballo, para o traballador, dentro dunha fábrica ou nunha obra. Estou convencido que non é unha moda. É unha forma de traballar como noutros países levan moitos anos facendo", di José Antonio Villar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade