A única empresa de Galicia que procesa terras raras está en Salvaterra do Miño
Nos últimos meses falouse moito destes minerais polo interese dos Estados Unidos en explotalos en Ucraína
Hai estudos que indican que unha ampla zona de Galicia podería conter terras raras
É probable que escoitaran falar nos últimos meses das chamadas terras raras debido ao interese dos Estados Unidos en explotar estes minerais en Ucraína. En Galicia temos unha empresa que extrae estas materias primas en Salvaterra do Miño, uns elementos químicos que son o novo tesouro da industria mundial.
É a única empresa de Galicia que procesa terras raras. Van agochadas nas toneladas de area que cada día pasan por estas máquinas.
Ou sexa, un camión coma este. As terras raras son elementos químicos presentes en determinados minerais. Ata hai unhas décadas non tiñan especial valor.
Hai estudos que indican que unha ampla zona de Galicia podería conter terras raras. Pero apenas se fixeron investigacións para comprobar se serían xacementos aproveitables.
Arestora, nin en Galicia nin en España se completa o aproveitamento das terras raras. A China recibe a maioría do material e extrae os distintos elementos. Pero Áridos do Mendo participa nun proxecto comunitario para crear plantas de produción en Europa.