El Corte Inglés informa de que sufriu unha incidencia de ciberseguridade "sen riscos"
A información a que se accedeu de forma non autorizada consiste en datos identificativos e de contacto e números de tarxetas para compras só no Corte Inglés, din desde o centro comercial
El Corte Inglés aclara que accederon á información, pero que a informacion vulnerada non permite a terceiros operar nin realizar pagos coa tarxeta desta marca comercial
A compañía di que está a informar os seus clientes do ataque cibernético
.jpg)
O centro comercial El Corte Inglés está informando os seus clientes de que recentemente un provedor externo sufriu un acceso non autorizado a datos persoais dos seus clientes, un incidente xa emendado e posto en coñecemento das autoridades competentes, aínda que a información vulnerada non permite a terceiros operar nin realizar pagos coa tarxeta desta marca comercial.
Fontes da compañía informaron este domingo á axencia EFE de que este incidente foi identificado e emendado polos seus protocolos de detección e seguridade, que requiriron a este provedor a aplicación de medidas adicionais que preveñan este tipo de incidentes no futuro.
Segundo estas fontes, a información á que se accedeu de forma non autorizada consiste en datos identificativos e de contacto e números de tarxetas para compras só no Corte Inglés, aínda que a dita información non permite a terceiros operar nin realizar pagos coa tarxeta desta marca comercial.
Ante esta incidencia, a compañía está a informar aos seus clientes das circunstancias e de que poden seguir utilizando a súa tarxeta con total seguridade, tanto nas tendas físicas da compañía como a través da web e da aplicación da marca e tamén noutros comercios, á vez que subliña que a firma nunca contacta cos seus clientes por ningún medio electrónico ou telefónico para pedirlles contrasinais, códigos de seguridade ou información de carácter persoal.
O centro comercial pon á disposición dos clientes o número gratuíto 900 334 334.