Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xuros, unha baixada necesaria, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Xuros, unha baixada necesaria, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 21/04/2025 08:01

A política monetaria tennos, en Europa, acostumados a que a súa única obsesión sexa o nivel de prezos, intentado que a inflación se sitúe nunha posición neutral, é dicir, no ámbito do dous por cento. Pero os últimos movementos, como a baixada do pasado xoves, van noutra liña, asegurar o crecemento da Eurozona. Alemaña, o gran motor económico, non termina de arrancar. As últimas previsións falan dun crecemento do un por cento, que é tanto como dicir nada. E iso sen guerra de aranceis, cunha guerra enriba da mesa increméntanse substancialmente as probabilidades de que entre en recesión. A incerteza, que son as néboas que trouxo Trump á economía mundial, bloquea o investimento, para a contratación de novos empregados, incrementa a taxa de aforro e provoca que o consumo non medre ou o faga a taxas moi moderadas.

Pero a outra grande economía, a francesa, non vai moito mellor. Espérase un crecemento moi feble, de apenas un 0,7 %. É obvio que as grandes locomotoras europeas, onde os prezos xa nos son un problema, necesitan estímulos, e unha baixada de xuros éo, e ademais en importancia.

Polo tanto, e mentres a incerteza reine as nosas vidas, veremos unha política monetaria expansiva, con baixadas de xuros e polo tanto con impacto no Euribor e nos custos financeiros, que iran á baixa. Neste caso, España, que non ten risco de recesión pero que con toda seguridade recibiría o impacto dun arrefriamiento europeo, vese beneficiada. A baixada facilitará, entre outras cousas, o acceso á vivenda, unha das principais preocupacións dos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade