Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mañá comezan novas obras no viaduto do Castro, na A-6

Mañá comezan novas obras no viaduto do Castro, na A-6

Durarán dous meses e haberá limitacións co tráfico

G24.gal 20/04/2025 19:41

Moito se leva falado nestes dous últimos anos e medio do viaduto do Castro, unha obra impresionante de enxeñería que se veu abaixo en xuño de 2022 e que volveu quedar completamente habilitada para o tráfico a finais de decembro de 2024, logo dun investimento de 90 millóns de euros co que se completaron as dúas vías.

Pois ben. Tres meses e medio despois da súa inauguración, o tráfico volve quedar restrinxido porque hai que facer obras de impermeabilización e extensión do pavimento, co cal a vía vai quedar cortada en varios tramos da calzada dereita da A-6, e o tráfico terá que desviarse pola calzada que vai cara a Madrid, onde se circulará en dobre sentido.

Segundo o Ministerio, son obras de mantemento e mellora da rede viaria que se realizan habitualmente.

Entre os veciños de Pedrafita hai quen non entende que non se entregara o viaduto xa con estas melloras feitas e hai quen defende que se empecen a facer agora coa chegada do bo tempo.

En calquera caso, estímase que terán unha duración de dous meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade