Comeza o primeiro retorno da operación Semana Santa que remata este luns
As maiores complicacións están previstas entre as 11:00 e as 24:00 horas
Este luns de Pascua complétase o operativo nas comunidades onde é festivo

Comeza oficialmente o primeiro retorno da operación Semana Santa 2025. A partir de media mañá, agárdase unha alta densidade de tráfico en zonas turísticas. Durante a tarde, trasladarase ás principais vías de entrada dos grandes núcleos urbanos.
As maiores complicacións están previstas entre as 11:00 e as 24:00 horas. Durante toda a xornada, Tráfico pon en marcha medidas especiais para facilitar o regreso en comunidades como Andalucía, Madrid, Castela e León, Castela-A Mancha, Murcia, Galicia, Estremadura, Aragón, Asturias, Cantabria, as Baleares e as Canarias.
Luns festivo
O retorno complétase o luns de Pascua nas comunidades onde é festivo: Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco e A Rioxa. Agárdanse retencións nas vías principais destas rexións e nos accesos desde provincias limítrofes.
A franxa crítica volverá ser de 11:00 a 24:00 horas. Ademais, no resto do país tamén se producirán desprazamentos de retorno, impulsados polo inminente reinicio das actividades escolares e universitarias.
A operación especial Semana Santa 2025 concluirá oficialmente ás 24:00 horas do luns 21 de abril.