Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hoteis das Rías Baixas pechan a Semana Santa cunha ocupación media do 70 %

Os hoteis das Rías Baixas pechan a Semana Santa cunha ocupación media do 70 %

Malia a choiva, nalgúns establecementos de xoves a domingo superaron o 90 %

G24.gal 20/04/2025 17:05

A pesar do tempo, da chuvia e do vento, os hoteis das Rías Baixas superaron o 70 % da súa ocupación. Este domingo a imaxe en lugares como Sanxenxo foi a dos turistas coas maletas poñendo rumbo ás súas vidas cotiás.

Nas Rías Baixas non houbo tanta xente como se agardaba antes de que empezara a chover nin tan pouca como era de agardar con tantos días de temporais.

Nos hoteis de tres estrelas con políticas de cancelacións lasas, como o Cabicastro de Portonovo, o 30 % das contratacións previas canceláronse na última semana e a ocupación quedou nun 70 %.

En hoteis de catro e cinco estrelas anularon menos reservas. Por exemplo, no Carlos I chegaron ao 85 % en toda a semana e de xoves a este domingo ao 94 %.

A imaxe do día producíase coma sempre despois das doce. Pagar e irse. O perfil do turista, o mesmo cada semana Santa: turismo galego, do resto de España e do norte de Portugal que ven en coche.

En pouco menos de dous meses chega o verán, a seguinte parada para o descanso que, se non cambian as cousas, volverá encher de visitantes as Rías Baixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade