Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia non impide que a veciñanza de Paradela represente a Resurrección

A chuvia non impide que a veciñanza de Paradela represente a Resurrección

Un cento de veciños da parroquia de todas as idades dramatizan a Semana Santa máis realista de Galicia

Festa de Interese Turístico Galego, concentra centos de persoas no Domingo de Pascua

G24.gal 20/04/2025 13:54 Última actualización 20/04/2025 14:27

A chuvia non impediu este mediodía a representación da Resurrección de Xesús no adro da igrexa de Paradela, en Meis, na Semana Santa máis realista de Galicia, que este ano se viu obrigada a suspender varios dos seus actos. 

É unha dramatización por parte dun cento de participantes que combina actos litúrxicos con escenificacións teatrais, que representan a Resurrección con realismo e emoción este domingo de Pascua.

A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, congrega na parroquia centos de persoas chegadas de distintos lugares, tanto de Galicia coma doutras partes. 

Trátase dunha representación interxeracional con figurantes desde os 3 ou 4 anos ata os máis de 80 dalgúns.

A teatralización deu paso despois aos actos litúrxicos cunha misa cantada pola Coral Polifónica Xunta de Meis e a posterior procesión de Resurrección coa Banda de Música A Vertula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade