Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de viaxeiros ateigan a intermodal de Ourense na operación retorno da Semana Santa

Miles de viaxeiros ateigan a intermodal de Ourense na operación retorno da Semana Santa

Renfe reforzou con máis de 4.200 prazas extra a conexión Galicia-Madrid 

O ultimo día de vacacións ofreceu dous trens especiais Avlo, un en cada sentido

A Intermodal de Ourense ateigada de viaxeiros
G24.gal 20/04/2025 21:05

Cada vez son máis os que para desprazarse na conexión Madrid-Galicia optan polo tren. Esta é a imaxe que presentaba a intermodal de Ourense na tarde do Domingo de Pascua. Ateigada de viaxeiros cargados con bolsas, mochilas e maletas de todo tipo dispostos a coller o tren para volver á rutina tras as vacacións da Semana Santa e como explican estes pasaxeiros...

"Pasaron voando e por riba á rutina de Madrid, que é rutina, rutina". "Moi ben, coñeciamos Galicia pero non Ourense e a verdade é que nos gustou moito estivemos nas termas, fixemos un tour por toda a cidade, comemos moitos percebes, moito churrasco e moi ben". "De volta para Madrid que vivimos alí, a miña muller é de aquí e eu non, pero ben, o único malo o tempo, que choveu moito".

A estación de Ourense xa é unha das de máis tránsito de toda España pero nesta Semana Santa Renfe reforzou con máis de 4.200 prazas extra a conexión Galicia-Madrid. E coincidindo coa operación retorno, a compañía programou dous trens especiais AVLO, un en cada sentido entre Santiago e Madrid, con máis capacidade que os trens habituais. 

"Bastante xente, pero menos da que houbo polo camiño, pensabamos que ían volver para a casa, pero ben, ben".
"(Vas repetir?)". "Si, si, por suposto, pero noutra época do ano, no verán estaría mellor".
"Na ponte de maio xa a teño, hai que volver aquí a Galicia".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade