Yolanda Díaz anuncia un plan de protección laboral ante os aranceis dos Estados Unidos
Di que volverían rescatar empresas e traballadores se fose necesario, como xa fixeron noutras crises como a covid ou a dina
A ministra de Traballo anuncia que España despregará un escudo de protección laboral se Trump finalmente cumpre coas ameazas dos aranceis, de ata un 25 % para Europa.
Non deu detalles das medidas pero promete que rescatarán empresas e traballadores se fose necesario. E puxo como exemplo as axudas aprobadas tras a dina de Valencia.
Yolanda Díaz fixo estas declaracións nunha comparecencia na Comisión de Traballo do Congreso. Tamén puxo en valor os datos laborais. E destacou o cambio de paradigma que supuxo a suba do salario mínimo ou a reforma laboral.
Nese contexto, pediulles os deputados que reflexionen e apoien o anteproxecto de lei sobre a redución da xornada laboral. Cre que hai capacidade para facer o cambio e que é a noticia que España está agardando.