Os mellores baristas e catadores de café xúntanse en Foz no campionato internacional de baristas
Nesta edición, a décimo sétima, participan unha vintena de escolas de hostalería algunhas de Portugal
O concurso conta con numerosos seguidores na América Latina, que seguen o campionato por redes sociais
Ángela é do Perú e as súas raíces inspiraron a súa presentación no campionato de baristas.
"Uns cocktails decorados con nubes de frambuesa para lembrar a miña infancia", explica Ángela Roque, unha das participantes no campionato de baristas de Foz.
En quince minutos deben elaborar catro expresos, catro capucchinos e catro cócteles.
"De pequena non tiña contacto co café ainda que o meu avó é cafécultor", engade Ángela Roque.
Elaboran os mellores cafés pero tamén os catan, é a outra categoría do concurso.
"Catando, probando e averiguando cal é cada café", di Hugo Díez, o gañador do concurso de cata.
A pesar da súa mocidade son auténticos eruditos do café, resultado de moitos meses de traballo.
"Todo isto é un aprendizaxe para eles, non é so subir ao escenario e facer uns cafés e uns combinados, senón que é falar do seu café do produto como si estiveran nunha cafetería falando cos clientes", explica Xosé Ríos, coordinador do campionato de baristas de Foz.
Nesta edición, e xa van dezasete, participan unha vintena de escolas de hostalería, algunhas de Portugal.
"O campionato é o proxecto máis grande que temos como centro, traballamos dun curso para outro e colaboramos todos os departamentos", asegura Leticia Maseda, directora do IES de Foz.
O campionato conta con moitos seguidores en América Latina e pode seguirse en directo por redes sociais.