Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Pontevedra pecha e expedienta pubs entre as queixas dos propietarios

O Concello de Pontevedra pecha e expedienta pubs entre as queixas dos propietarios

Os hostaleiros falan dunha normativa que non se adapta á realidade actual

O Concello sinala que se fixeron obras sen licenza e ilegalizables

G24.gal 18/03/2025 13:54

O pub Patrimonio de Pontevedra baixou a reixa de xeito definitivo. Unha denuncia por ruídos levou a unha inspección que detectou obras sen licenza. O seu propietario, Julio Barral, explica que "os tempos de hai trinta anos non son os mesmos que agora. A barra estreiteina pola covid coa distancia social, para ter máis espazo, pero se o pechan pola barra eu díxenlles que a volvo cambiar".

A zona vella de Pontevedra conta cun plan especial de protección. O Concello insiste en que a normativa se acordou con todas as partes implicadas. Alberto Oubiña, edil de Urbanismo, insiste en que "hai persoas que cumpren a normativa e outros incumpren sistematicamente. Hai unha norma clara para todo o mundo, e hai que seguila e respectala".

Os veciños máis próximos quéixanse do ruído, pero os hostaleiros defenden que hai maneiras de insonorizar os locais ou mesmo pensan buscar novos espazos. Outros negocios teñen abertos expedientes por distintos motivos, pero dende o Concello insisten en que non todos teñen que supor o peche. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade