Os investigadores manteñen aberta a operación do violento asalto en Lobios, do que hai cinco detidos
Os investigadores manteñen aberta a operación do violento asalto en Lobios, do que hai cinco detidos
A Garda Civil conseguiu deter en febreiro cinco persoas que pertencían a unha banda organizada especializada en asaltos de vivendas no rural
O asalto e roubo en Vilameá, no concello ourensán de Lobios en xaneiro, rematou con 5 persoas detidas. Tres encapuchados entraran nunha casa e agrediran violentamente un empresario da construción.
A Garda Civil conseguiu deter en febreiro cinco persoas que pertencían a unha banda organizada especializada en asaltos de vivendas no rural.
Os presuntos autores abordaron, ataron e golpearon en reiteradas ocasións o dono da vivenda, que chegou a perder a consciencia. A súa muller estaba no cuarto, pero a ela non a golpearon. Roubaron, entre outras cousas, xoias, cartos e teléfonos móbiles.
"Os feitos, obxecto desta operación, forman parte das dilixencias competentes que son as que saben deste asunto e son as que deben pronunciarse sobre o mesmo. A operación segue aberta. Foron detidas cinco persoas, presuntamente responsables deste roubo violento", di Juan José López, capitán Unidade Policía xudicial da Garda Civil de Ourense.