A ladroa de petos continúa roubando en Vigo
Non ten miramentos nin con amigas nin con coñecidas
A súa imaxe circula en WhatsApp polos negocios de Coia, As Travesas e Balaídos, pero a ladroa de propinas e petos de Vigo segue actuando con total impunidade.
Unha das súas vítimas é unha coñecida que rexenta unha panadería, á que lle roubou un peto e mesmo 50 euros da carteira e tamén do porquiño da filla na casa. Algúns coñécena tanto que lles dá mágoa denunciala.
Cos vídeos de Jessi roubando poderíase facer un documental; no establecemento de estética de Karla escolleu tranquilamente o peto de propinas que máis cartos tiña. Todas as do mes de nadal dunha das empregadas.
Non ten miramentos nin con amigas nin con coñecidas. A Noemí Arias, que ás veces a convida a almorzar na súa panadería, levoulle o peto dos gatos no establecemento, o da filla na casa e 50 euros da carteira. Moitas das afectadas non a van denunciar porque a coñecen desde cativa, pero si que montaron unha alerta por redes sociais para evitar novos roubos.