Gravan unha muller levando o peto das propinas nun salón de peitado en Vigo
A cámara estaba xusto detrás do mostrador, pero á ladroa iso non a freou
Entrou no salón, pediu unha cita para un fillo e, cun simple movemento, colle o peto de enriba do taboleiro
Roubos en salóns de peiteado do barrio das Travesas, en Vigo. Unha muller actuou, cando menos, en dous negocios, exactamente co mesmo modus operandi, para levar os petos das propinas que teñen habitualmente nestes locais. A cámara de seguridade pillouna en flagrante.
O pequeno irmán viuno todo. A cámara está xusto detrás do mostrador, pero á ladroa iso non a freou. Entra no salón, pide unha cita para un fillo e, atentos, cun simple movemento colle o peto de enriba do taboleiro.
Era o peto das propinas, que podía ter cincuenta ou sesenta euros. Pero todo apunta a que ese mesmo día a ladroa levou máis cartos sen saír do barrio das Travesas. Noutro salón, e exactamente co mesmo pretexto, leváronlles tamén o peto.
As cámaras son cada vez máis comúns nos pequenos negocios. En parte, porque é unha tecnoloxía que foi baixando de prezo.