Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adictos ás notificacións do móbil

Adictos ás notificacións do móbil

Consultámolas unhas 58 veces cada hora antes de deitarnos, e isto afecta á calidade do sono

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
Recibimos un bombardeo de notificacións
G24.gal 14/03/2025 15:18

O son de notificacións do móbil acompáñanos as 24 horas do día.

 "Eu estou todo o día a ver se me chegou algo"

 "Velo en calquera sitio, nun restaurante, nun bar, está todo o mundo pendente do teléfono", comentan dúas persoas

O bombardeo de notificacións é continuo, polo que é difícil desconectar.

 "Estás máis pendente do teléfono que doutra cousa"

 "Aínda que teña son ou estea en vibración"

"Acéndeseme o móbil e como que me dá a tentación de miralo"

"E logo tardas media hora en volver concentrarte", continúan

Perdemos concentración e eficiencia porque o móbil demanda toda a nosa atención. De noite, mesmo nos provoca problemas para conciliar o sono, por iso é importante centrarse noutra actividade máis relaxante.

"Eu de feito súfroo, eu se collo o móbil antes de durmir, se estou na cama e collo o móbil, estou en vela ata as tres da mañá"

 "Si, a verdade, o brillo da pantalla dificulta o sono"

Un estudo recente conclúe que os españois revisamos as notificacións ata 58 veces cada hora. Tamén antes de deitarnos. Falan de adicción.

 "Si, por suposto que causa adicción", 

Por iso aconsellan non mirar o móbil polo menos unha hora antes de ir á cama para darlle tempo dabondo á nosa mente para relaxarse.

"Normalmente deixo o móbil, pero si que cando me poño con el é como que vou durmir moitísimo máis tarde do normal", conta un rapaz

 "Eu desconecto o móbil, teño aínda a capacidade de dicir: pois o móbil queda no salón sen problemas", apunta unha señora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade