Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consumo obrigará as empresas a detallaren os algoritmos da publicidade personalizada

Consumo obrigará as empresas a detallaren os algoritmos da publicidade personalizada

"Trátase de impedir que se asuman como válidas prácticas que buscan obter un beneficio económico espurio e que se violenten os dereitos das persoas consumidoras", resaltou o ministro

Gabriel Luengas / Europa Press Gabriel Luengas / Europa Press
G24.gal 14/03/2025 12:18

O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 Pablo Bustinduy anunciou este venres que o seu departamento regulará os algoritmos para personalizar os prezos e a publicidade que utilizan as empresas, ás que obrigará a explicar os parámetros que usan.

No acto Dereitos das persoas consumidoras e usuarias no ámbito dixital, celebrado con motivo do Día Mundial das Persoas Consumidoras, Bustinduy resaltou que o seu obxectivo é que os devanditos algoritmos sexan transparentes e accesibles para os consumidores e prohibir que calquera destes parámetros sexa discriminatorio ou explote situacións de urxencia ou necesidade.

"Trátase de impedir que se asuman como válidas prácticas que buscan obter un beneficio económico espurio e que se violenten os dereitos das persoas consumidoras", resaltou o ministro.

Así mesmo, as empresas tampouco poderán variar os prezos que se personalicen de forma automática durante todo o proceso de compra, co obxectivo de evitar que as persoas consumidoras sintan a presión de tomar decisións apresuradas pola incerteza das variacións.

Para ilustrar que supoñerá a regulación anunciada, o Ministerio de Consumo utilizou o exemplo dun servizo de transporte por coche que fixa os prezos de forma dinámica, é dicir, con prezos que varían.

Neste suposto, a empresa terá que ofrecer unha información clara ao usuario de como se formou o prezo que se lle mostra: se foi pola distancia cara ao destino, pola hora da viaxe, pola frecuencia coa que realiza ese traxecto ou pola concorrencia de eventos masivos na cidade na que se atope.

Ademais, prohibirase que o prezo da viaxe se fixe por razóns discriminatorias, por exemplo que o cliente teña unha discapacidade, polo seu perfil racial ou porque se atope nunha situación de emerxencia ou de necesidade, como que lle quede pouca batería no móbil.

"Temos dereito a saber que información están a utilizar e por que", subliñou Bustinduy, quen lamentou que se normalizaseu que o control de infraestruturas dixitais estea en mans de actores privados que, nas súas palabras, "perseguen os seus propios intereses e beneficios sen que exista capacidade para poder limitar, orientar ou controlar esas actividades".

O ministro fixo fincapé que con esta nova regulación tamén se busca unha maior concienciación sobre o uso de datos persoais e máis control sobre a privacidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade