O prezo do ouro supera os 3.000 dólares por primeira vez na historia
O metal amarelo relavorízase nun contexto de incerteza global polas tensións arancelarias e xeopolíticas e o medo a unha recesión nos EUA

O prezo do ouro, un dos activos considerado refuxio en tempos de incerteza, superou este venres os 3.000 dólares por onza por primeira vez na historia e chegou a situarse nos 3.004,94 dólares.
O metal amarelo superou os 3.000 dólares, tras subir o 0,40 %, nun contexto de incerteza global polas tensións arancelarias e xeopolíticas, e o medo a unha recesión nos EUA. Minutos despois, o ouro seguiu á alza e alcanzou novos máximos neses 3.004,94 dólares por onza.
Durante a madrugada, o prezo do metal precioso xa logrou superar os récords alcanzados na véspera, nun contexto de novas ameazas estadounidenses de impoñer máis aranceis a Europa. Con esta revalorización, no ano o ouro elevou o seu valor un 14,5 %.