Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mostra da Camelia na Pobra do Caramiñal amosa a beleza das especies da contorna

A Mostra da Camelia na Pobra do Caramiñal amosa a beleza das especies da contorna

 A iniciativa vén da man da Concellería de Turismo xunto cos expertos locais en cultivo da camelia

 Os cultivadores atesouran unha ampla bagaxe en materia de plantación e exposición desta flor dentro e fóra de Galicia

G24.gal 16/03/2025 21:52 Última actualización 16/03/2025 22:07

A III Mostra da Camelia na Pobra do Caramiñal conta cunhas 50 variedades. Esta fin de semana visitaron a exposición máis dun cento de persoas. O obxectivo é mostrar a beleza e a riqueza de diversas especies que hai na contorna e para fomentar o interese sobre esta flor.

"Desde que comezou a facer a exposición aquí encántame porque xa vedes o colorido que ten e o que máis me choca é a variedade de diferentes especies da camelia o colorido e todo", di unha visitante á mostra.

"Queremos traer a camelia ao público, sacala dos nosos xardíns e que o público vexa a cantidade de variedades que temos no mundo da camelia. Isto é enriquecedor", destaca Xosé Ramón Teixeira, que cultiva camelias e co-organiza a exposición.

Os cultivadores da zona teñen cada día máis exemplares, algún máis de 2.000.

"Nós creamos variedades novas e de feito tedes aquí a variedade de camelia Valle-Inclán, que está rexistrada pola Sociedade Española da Camelia", engade Begoña Franco, cultivadora de camelias.

Hai milleiros de variedades de camelias no mundo e moitas están aínda sen clasificar.

"A nivel internacional hai máis de 3.000 variedades, pero no sueste de Asia aínda non hai recollidas todas as variedades que hai a nivel selva", di Xosé Ramón Teixeira.

Para moitos a beleza desta flor é indiscutible.

"Ten unha riqueza para min moi importante, é a flor do inverno, cando non hai outras flores erguerte pola mañá no inverno e ver que no teu xardín hai flores é moi satisfactorio", aseverou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade