Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arufe, a aldea de Cotobade que quedou abandonada nos anos 80

Arufe, a aldea de Cotobade que quedou abandonada nos anos 80

No lugar quedan as ruínas de catro casas de labranza cos seus canastros

A última veciña que viviu na aldea marchou para Pontevedra en 1984

A Arufe chégase desde a igrexa de Loureiro
G24.gal 16/03/2025 19:18 Última actualización 16/03/2025 20:11

Desde a igrexa de Loureiro, Hermitas e Dolores collen o camiño empedrado que leva a Arufe, unha aldea do concello de Cotobade que leva 40 anos abandonada.

"Este é o centro de Arufe. Aquí hai dous canastros. A casa era preciosa. A familia marchou para Barcelona, a casa quedou abandonada e o tellado caeu".

Seguindo o camiño pola carballeira, atopamos a casa na que viviu a última veciña da aldea. Marchou de Arufe a mediados dos anos 80. Hoxe aínda son visibles as pegadas da vida que quedou atrás.

"Aquí todo o mundo tiña vacas, todos se dedicaban á labranza. Aquí era o pozo onde bebían as vacas. E alí había un pío onde lavaban a roupa".

Na aldea había catro casas de labranza. Uns marcharon para Barcelona, outros para Pontevedra e Huelva. No camiño de volta, Hermitas e Dolores levan con elas as historias daqueles que un día encheron de vida este lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade