Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a cinco anos de cárcere por abuso sexual a unha muller nun aparcadoiro subterráneo da Coruña

Condenado a cinco anos de cárcere por abuso sexual a unha muller nun aparcadoiro subterráneo da Coruña

A vítima ten unha intelixencia límite, cunha minusvalía do 35% e non foi capaz de reaccionar

Os maxistrados subliñan na sentenza que quedou probado que non concorreu consentimento

Imaxe de arquivo da Audiencia da Coruña Imaxe de arquivo da Audiencia da Coruña
G24.gal 17/03/2025 17:30

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos de prisión un home por violar unha muller durante a madrugada do 23 de xullo de 2022 nun aparcadoiro subterráneo da cidade herculina.

A muller, dunha intelixencia límite, cunha minusvalía do 35%, regresaba ao seu domicilio en compañía dunha coñecida. O agresor achegouse á vítima, agarrouna pola cintura e encamiñouse con ela cara ás escaleiras que conducen ao aparcadoiro que hai entre o centro médico de San José e o edificio de Facenda. Ambos baixaron as escaleiras do aparcadoiro abrazados e ao transitar polo paso de peóns o acusado tocáballe nas súas partes íntimas por encima da roupa.

Instantes despois, camiñaron cara á zona dos vehículos, onde "o acusado lle esixiu que lle fixese unha felación", ao que muller accedeu "ao non ter unha capacidade de reaccionar ante tal situación". Pouco despois volven saír do interior da zona dos vehículos abrazando o acusado a muller "aínda que con certo forcexo", cando á altura da parte traseira dun vehículo e a parede o home subiulle a saia e violouna sen que ela puidese reaccionar de ningún xeito dada o seu nivel de comprensión e de reacción".

Á saída do aparcadoiro tiveron un novo forcexo. A muller foi recoñecida no hospital e apreciáronse contusións no corpo.

A sala, ademais, impúxolle ao home a prohibición de comunicarse e de aproximarse á vítima durante sete anos; así como seis anos de liberdade vixiada, que se executarán con posterioridade á pena de cárcere; e a inhabilitación para calquera profesión que supoña contacto regular e directo con menores durante oito anos.

Os maxistrados subliñan na sentenza que quedou probado que non concorreu consentimento. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade