Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elisa Mouliaá entrega o móbil no xulgado para a análise das mensaxes con Errejón

Elisa Mouliaá entrega o móbil no xulgado para a análise das mensaxes con Errejón

Íñigo Errejón pediu no xulgado que se suspenda este requirimento ata que se resolva a súa solicitude de limitar o baleirado ás conversas con Mouliaá

G24.gal 13/03/2025 15:01

Hai novidades na investigación contra Íñigo Errejón por supostos abusos sexuais. A actriz Elisa Mouliaá acudiu ao xulgado para entregar o seu teléfono móbil como lles ordenara o xuíz, tanto a ela coma a Errejón. A policía procederá agora ao seu baleirado para poder analizar as conversas cruzadas entre os dous. O que fora voceiro de Sumar solicitou no xulgado que se suspenda este requirimento ata que se resolva a súa solicitude de limitar o baleirado ás conversas con Mouliaá. "Os feitos falan por si sós. Eu ao final non teño nada que ocultar e el non sabemos onde está", asegura Elisa Mouliaá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade