Publicador de contidos

Publicador de contidos

As polémicas de Errejón, Monedero ou Rubiales tamén afectan ao 8-M

As polémicas de Errejón, Monedero ou Rubiales tamén afectan ao 8-M

Unha loita que este ano está a vivir tamén un momento axitado no terreo da política, co sinalamento a destacadas figuras da esquerda que nos últimos anos pasaron da loita ao escándalo.

G24.gal 08/03/2025 14:02

Iñigo Errejón era un fixo nas manifestacións do 8-M. Juan Carlos Monedero practicamente tamén. E hoxe ningún dos dous podería acudir a elas por teren investigacións abertas por delitos sexuais. Foi en outubro de 2024 cando a actriz Elisa Mouliá denunciaba por unha presunta agresión sexual ao entón deputado de Sumar e voceiro no Congreso.

Errejón dimitiu do seu cargo pero ante o xuíz mantivo que houbo consentimento. Sumar recoñecía que fallaron os protocolos internos.

Máis recente é o caso do tamén cofundador de Podemos Juan Carlos Monedero ao que a Universidade Complutense investiga como docente por presunto acoso sexual a unha alumna. Acusacións que Monedero di que son falsas, sinalando directamente os seus compañeiros de partido.

Pero tamén o simbolismo do 8-M cobrou este ano especial relevancia no ámbito deportivo.

A Audiencia Nacional condenaba o expresidente da Federación Española de fútbol Luis Rubiales a unha multa de 10.800 euros polo bico non consentido a Jenni Hermoso na final do mundial. O tribunal declarábao culpable dun delito de agresión sexual, pero só lle impuxo unha multa económica.

A xogadora xa recorreu contra a sentenza e pide que tamén sexa condenado por coaccións.
E entrementres, a lei do só si é si tamén volveu beneficiar os violadores da Manada de Pamplona, rebaixándolles nun ano as penas impostas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade