Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destaca o traballo das entidades galegas na promoción da nosa cultura no Día de Galicia en Castela e León

A Xunta destaca o traballo das entidades galegas na promoción da nosa cultura no Día de Galicia en Castela e León

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Salamanca na xornada festiva con actuacións de grupos folclóricos de centros e casas de Galicia de distintas localidades castelán-leonesas

Xosé González puxo en valor as relacións de irmandade entre as dúas comunidades autónomas e salientou a importancia de símbolos comúns e históricos como o Camiño de Santiago

O Conselleiro de Emigración Xosé González na recepción oficial do Alcalde de Salamanca ás entidades galegas no día de Galicia
G24.gal 27/04/2025 19:15

En Castela e León celebrouse este domingo o trixésimo Día de Galicia, e a Xunta destaca o traballo das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións. O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración Xosé González participou en Salamanca nos actos festivos programados con distintas actuacións folclóricas de grupos de centros galegos de Salamanca, Valladolid, Ponferrada, Miranda de Ebro e Burgos.

O Alcalde de Salamanca Carlos Manuel García ofreceu unha recepción institucional aos grupos participantes na xornada e ao representante do goberno galego.

Puxo en valor as relacións históricas de irmandade entre as dúas comunidades autónomas e salientou a importancia de símbolos comúns e históricos como o Camiño de Santiago.  Gabou o traballo fundamental dos centros galegos como nexo de unión da comunidade galega residente  fóra da terra de orixe.

O conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta coas entidades galegas para fortalecer a presenza da nosa cultura fóra de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade