Xoán Carlos I abandona Sanxenxo tras cinco días nos que saíu a navegar e recibiu a visita da súa filla Helena
Xoán Carlos I abandona Sanxenxo tras cinco días nos que saíu a navegar e recibiu a visita da súa filla Helena
O rei emérito participou este domingo na regata da clase 6 de vela, en Sanxenxo, a bordo do Bribón
Visitárono en Sanxenxo a infanta Helena, Sito Pons, expiloto e dúas veces campión do mundo de motociclismo e o regatista Jordi Xammar, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokyio
O exmonarca abandonou a casa de Pedro Campos ás seis da tarde en dirección ao aeroporto de Vigo
Xoán Carlos I abandonou este domingo Sanxenxo tras pasar alí cinco días nos saíu a navegar e recibiu a visita da súa filla a infanta Helena.
O rei emérito marchou da casa de Pedro Campos, en Nanín, arredor das seis da tarde en dirección ao aeroporto de Vigo, rematando así a súa primeira visita deste ano a Galicia.
Xoán Carlos I participou este domingo na regata da clase 6 de vela, en Sanxenxo, a bordo do Bribón.
Durante estes días nas rías Baixas, o pai de Felipe VI saíu a cear con amigos, navegou pola ría de Pontevedra e recibiu, este domingo, a visita da infanta Helena, de Sito Pons, expiloto e dúas veces campión do mundo de motociclismo e do regatista Jordi Xammar, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
Segundo informou o Real Club Náutico de Sanxenxo, a próxima cita da liga de 2025 será no mes de maio, entre os días 16 e 18, co que xa retoman os encontros de tres xornadas.
A visita do que fora xefe do Estado aconteceu días despois de coñecerse a demanda do emérito contra o expresidente de Cantabria Miguel Ángel Revilla e outra contra a empresaria alemá Corinna Larsen.
