Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e patronal galega alíanse para favorecer a inserción laboral dos deportistas de alto nivel

Xunta e patronal galega alíanse para favorecer a inserción laboral dos deportistas de alto nivel

A firma do convenio entre Diego Calvo e Juan Manuel Vieites contou coa presenza de deportistas como Teresa Portela, Frank Casañas, Lúa Piñeiro e Santiago Ferrer

O acordo promove a realización de prácticas de fin de grao ou fin de máster nas empresas asociadas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na firma do convenio/Xunta de Galicia/Europa Press O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na firma do convenio/Xunta de Galicia/Europa Press
G24.gal 22/04/2025 17:22

A sede do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) en Pontevedra acolleu a firma dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para favorecer a inserción laboral dos deportistas de alto nivel.

Este acordo foi subscrito polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o presidente do CEG, Juan Manuel Vieites, nun acto en que estiveron acompañados polos deportistas: Teresa Portela, Saleta Fernández, Susana García Senra, Lúa Piñeiro, Belisa González, Frank Casañas, Gustavo Dacal, Víctor Riobó, Suso González e Santiago Ferrer.

Este acordo promove a realización de prácticas de fin de grao ou fin de máster nas empresas asociadas. Tamén inclúe a difusión de ofertas de emprego e oportunidades laborais destas entidades, ás que se lles fará chegar, ao mesmo tempo, as demandas de emprego dos deportistas de alto nivel.

En virtude deste convenio daranse a coñecer ás empresas os proxectos empresariais destes deportistas de alto nivel. Juan Manuel Vieites destacou que "os valores do alto rendemento son transferibles ao mundo empresarial", citando o esforzo, a constancia e a xestión de fracasos como calidades valiosas.

"Galicia ten empresas excelentes que saberán aproveitar este talento", engadiu.

O conselleiro subliñou outros valores de convivencia que os deportistas de alto nivel adquiren ao longo da súa traxectoria como o "traballo en equipo, compromiso ou conciencia social", aos que se sumou as capacidades adquiridas co propio exercicio da competición como "dedicación ou cooperación".

Programas de formación

Diego Calvo e Pablo Fernández tamén asinaron outro convenio coa Fundación Deporte Galego para desenvolver medidas de apoio ao emprego na Oficina de Atención ao Deportista.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ofrecerá programas de formación, información e orientación, intermediación laboral ou asesoramento para facilitar aos deportistas galegos de alto rendemento e alto nivel acompañamento no o seu proceso de inserción laboral ou apoio ao emprendemento e o autoemprego a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

Tamén se habilitarán vías de obtención de certificados profesionais ou competencia e, a través da ferramenta Emprego Intelixente (EMI), o programa de perfilado competencial permitirá detectar as competencias profesionais requiridas para as ocupacións solicitadas co obxectivo de que incrementen a efectividade na busca de emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade