A postal segue moi viva
Ademais de por Nadal e San Valentín, enviar postais é unha tradición entre os viaxeiros
O xesto de estampar un selo nunha postal xa non é tan cotián como hai unhas décadas, pero aínda se segue facendo, como se pode comprobar un día calquera nunha oficina de Correos, entre elas a máis céntrica de Santiago, empregada habitualmente por turistas e peregrinos.
"Hai moito vintage aínda", di unha muller.
Anticuada ou non, son moitos os que aínda conservan esta tradición.
"Si, grazas a Deus séguense enviando postais, por sorte. É certo que a carta tradicional diminuíu un pouco, pero si o que son postais... sobre todo nesta oficina, que está orientada cara ao peregrino para dicir acabei o camiño e, como un recordo de todo o que estiven vivindo, culmínoo co envío dunha postal aos seres queridos", explica Silvina Molinari, directora adxunta de Correos
Gratificante sobre todo para quen a recibe.
"Si, a verdade, que se acorden de ti e que recibas iso dun ser querido está guai"; "Si, é moi bonito, e xa despois o conservas, gárdao"; "Gárdalas e lelas despois dun tempo, outra vez"; "Sería unha sorpresa distinta porque estamos afeitos a recibir fotos, e non estaría mal unha postal cunha dedicatoria, sería algo distinto e novidoso, non estaría mal", apuntan varias persoas na rúa.
Innovador non tanto, a primeira postal enviouse o 1 de outubro de 1869. Agora cambiaron algo os formatos, pero segue estando moi viva a tradición.
"Facemos reposicións grandes, non é unha cousa así de 5 postais, non, non é unha cousa que se segue vendendo", apunta Andrea Mato encargada da tenda Buxería.
Con todo, moito ollo co que escribimos polo reverso.
"Cousas xerais porque non sabes quen o pode ler"; "Saúdos, nada máis, bicos e saúdos".