Cargando resultados...
O sorteo da Primitiva deixa un premio de máis de 400.000 euros en Cangas
Foi un dos tres acertantes de primeira categoría do sorteo do sábado 15
A aposta selouse na administración de loterías da rúa Castelao
G24.gal
17/03/2025 14:28
Acertou os seis números da Primitiva do sábado, e tocoulle un premio de 427.804 euros. Selou a aposta na administración de loterías número 3 de Cangas, na rúa Castelao, e poucas pistas máis hai para tentar dar co agraciado ou agraciada.
"Foi un cliente que fixo unha Primitiva de tres apostas, de boleto, e acertou todos os números agás o reintegro" di Anastasia Martínez, traballadora da administración. E selouna -di- o mesmo día do sorteo, o sábado 15 de marzo.
Os números gañadores foron 40, 06, 22, 28, 44 e 49. Xunto ao de Cangas, houbo outros dous acertantes de primeira categoría.