Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia queda sen O Gordo pero reparte varias series do segundo e terceiro premio

Galicia queda sen O Gordo pero reparte varias series do segundo e terceiro premio

O Gordo, dotado con catro millóns de euros por serie, vendeuse integramente en Logroño

O segundo premio foi para o 40.014 e chegou aos concellos de Barbadás e Vigo

Lugo, Ferrol, Viveiro, O Grove e Vigo venderon series do terceiro premio, o 11.840

A administración das Camelias, en Vigo, celebra o segundo premio. EFE/Salvador Sas A administración das Camelias, en Vigo, celebra o segundo premio. EFE/Salvador Sas
G24.gal 22/12/2024 08:06 Última actualización 22/12/2024 14:45
A administración número 6 de Logroño vendeu O Gordo deste ano. EFE/Raquel Manzanares A administración número 6 de Logroño vendeu O Gordo deste ano. EFE/Raquel Manzanares

Minuto a minuto

9:10

As vendas do Sorteo Extraordinario do Nadal que se celebra este domingo creceron un 6,82 % en Galicia respecto a 2023, cun total de 222.449.860 euros, segundo a Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (Selae). O gasto por habitante na comunidade foi de 82,51 euros.

9:13

Comeza o Sorteo Extraordinario do Nadal. 

9:16

Sae o primeiro premio de 60.000 euros, 6.000 ao décimo: o 37.876. Este quinto premio está moi repartido. Adam e Sergio foron os encargados de cantalo. EFE/Javier Lizón.

09:21

Unha serie do 37.876 vendeuse en Lugo, na administración da Praza de Santo Domingo.

09:22

O número 37.876 tamén se vendeu en Alacante, Elxe, Girona, Sort, Alcalá de Henares, San Pedro del Pinatar, Tazacorte, Valencia e Zamora.

9:49

Sae o terceiro premio: o número 11.840, que reparte 500.000 euros á serie.

09:51

Lugo, Ferrol, Viveiro, O Grove, Vigo, Meira, Noia, Cortegada e O Porriño son as nove localidades galegas nas que se venderon décimos deste terceiro premio. En total, repartíronse 3,7 millóns de euros.

09:54

O terceiro premio tamén caeu en Benidorm, Almería, As Cabañuelas, Zafra, Ibiza, Cornellà de Llobregat, Plasencia, Alxeciras, San Fernando, Cabra, Lucena, Úbeda, Villacarrillo, Arrecife, Astorga, A Pobra de Segur, Mollerussa, Aranjuez, Madrid, Móstoles, Mazarrón, Murcia, Sanguesa, La Puebla del Río, Sevilla, Mocejón, Talavera de la Reina, Alzira, Catarroja, Gandía, Manises, Pobla de Vallbona, Requena, Valencia, Bilbao, Gernika, Benavente e Zamora.

09:58

Sae un cuarto premio: o 77.768, agraciado con 200.000 euros á serie. Axiel e Ainhoa cantaron o número. EFE/Javier Lizón. 

10:00

En Galicia, vendéronse series deste cuarto premio, o 77.768, en Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis e Vigo.

10:29

O groso do terceiro premio en Galicia tocou nun estanco da cidade de Lugo, situado no número 492 da Avenida da Coruña. Vendeu 25 décimos, o que significa que tocaron 1,25 millóns de euros. Ademais, vendéronse series completas do 11.840 en locais de Ferrol (estrada de Castela, 93), Viveiro (Praza Maior, 6), O Grove (rúa Luís Seoane, 2) e Vigo (rúa Zamora, 58). Todas elas suman dous millóns de euros en premios.

No municipio de Meira, o estanco situado no número 14 da Praza Maior vendeu catro décimos deste terceiro premio, o que implica que tocaron 200.000 euros en total. Tamén se venderon décimos soltos do 11.840 en Noia, Lugo, Vigo, Cortegada e O Porriño.

10:34

O número 77.768 deixa tamén décimos premiados en Vedra, San Cibrao, Monforte, Ourense, O Porriño, As Pontes, A Coruña, Teo, Val do Dubra, Abadín, Salceda, Touro, Lourenzá, Lugo, Xinzo, Laza, Pontevedra, O Grove, Moaña e Tomiño. Este cuarto premio foi extraído na segunda táboa.

10:48

Sae o segundo quinto premio: o 72.853, que reparte 60.000 euros á serie e 6.000 por décimo. Vendeuse en Bailén, Chella, Mislata, Valencia e Leioa. Ángel e Aurora amosan o número. EFE/Javier Lizón. 

10:59

Cantan outro quinto premio: o 74.778, tamén moi repartido. Unha das series deste número vendeuse en Nigrán, na rúa Manuel Lemos da Ramallosa.

11:10

O número 77.768, o primeiro cuarto premio da xornada, deixou en Galicia case dous millóns de euros ao caer nun total de 24 localidades das catro provincias. 

En Santiago de Compostela, Caldas de Reis, Vigo e Vilanova de Arousa vendéronse 10 décimos en cada lugar. Así mesmo, no Porriño despacharon tres décimos do cuarto e un do terceiro premio.

11:14

Sae outro cuarto premio: o 48.020, dotado con 200.000 euros á serie. Dúas delas vendéronse en Culleredo e O Grove.

11:21

Cantan outro quinto premio: o 45.456, de 60.000 euros á serie. Repartiuse en Barcelona, Baza e As Palmas de Gran Canaria.

11:27

Piero Rai Chávez Huaroto e Alisce Ríos Gonzales cantan O GORDO do sorteo extraordinario do Nadal: o 72.480, dotado con catro millóns de euros por serie. O número vendeuse integramente en Logroño.

12:05

Outro quinto premio, de 60.000 euros á serie, para o número 45.225, vendido en Madrid, na administración de Gran Vía 56.

12:13

As propietarias do estanco lucense da Avenida da Coruña celebran a venda do terceiro premio da Lotaría do Nadal no seu establecemento. EFE/Eliseo Trigo. 

12:19

Alegría na administración de Camelias 110, no concello de Vigo, onde venderon décimos do terceiro premio. EFE/Salvador Sas.

12:23

Sae o sexto quinto premio: o 97.345, vendido integramente en Madrid, na rúa Sagasta.

12:44

Cantan outro quinto premio, o número 75.143, vendido tamén na súa totalidade en Madrid.

12:51

Manuel Blanco, o propietario da administración Don Manolito, en Santiago de Compostela, vendeu varios décimos do 77.768, un dos cuartos premios. EFE/Lavandeira.

 

13:03

María Luísa Cobas, unha das propietarias do estanco lucense da avenida da Coruña que vendeu dúas series e media do terceiro premio, está encantada de ter repartido sorte na cidade, xa que son 50.000 euros por décimo.

13:21

Sae o último quinto premio, o número 60.622, tamén moi repartido. En Galicia, vendeuse unha serie en Ourense (na rúa do Paseo) e outra na Coruña (na Praza de Pontevedra).

13:27

Chega o segundo premio, dotado con 1.250.000 euros á serie. É o número 40.014. En Galicia, vendeuse unha serie en Barbadás e outra en Vigo.

13:34

O Gordo tamén trae alegría a centos de familias do barrio de San Blas, en Madrid, grazas a un centro deportivo.

13:46

Remata o sorteo deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade