Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os municipios valencianos afectados pola dina logran premios por valor de 2,7 millóns

Os municipios valencianos afectados pola dina logran premios por valor de 2,7 millóns

A sorte chegou tamén á administración de lotaría do centro comercial que quedou co aparcadoiro anegado pola dina en Aldaia

Celebración do premio nunha administración de Valencia Celebración do premio nunha administración de Valencia
G24.gal 22/12/2024 14:32

Os municipios da provincia de Valencia afectados pola dina do 29 de outubro recibiron 2.724.000 euros dos principais premios do Sorteo Extraordinario de Nadal que se celebrou este domingo no Teatro Real de Madrid.

Do terceiro premio, o 11.840, repartíronse 2.050.000 euros en Alzira, Catarroja, A Pobla de Vallbona e Requena, 500.000 euros en cada caso, e 50.000 euros dun décimo na pedanía de Castellar, en València.

Do primeiro cuarto premio, o 77.768, repartíronse 420.000 euros entre Alzira (200.000), Paiporta (80.000), Alaquàs (40.000), Alfafar (20.000), Riba-roja de Túria (20.000), Sedaví (20.000), Vilamarxant (20.000) e Xirivella (20.000 euros).

Do segundo cuarto premio, o 48.020, vendeuse unha serie, 200.000 euros, na administración número 3 de Aldaia, no Centro Comercial Bonaire, tamén moi afectado polas inundacións do 29 de outubro.

Do quinto premio 74.778 repartíronse 54.000 euros entre Paiporta (30.000 euros), Sedaví (12.000), Alaquàs (6.000) e nunha segunda administración de Paiporta (6.000 euros).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade