No último día para mercar lotería de Nadal non faltou a demanda
No último día para mercar lotería de Nadal non faltou a demanda
Os compradores buscan a sorte nos últimos décimos
Desde que se puxo á venda a lotería de Nadal, o un de xullo, non faltou a demanda. E este sábado, o último día para facerse con algún décimo para o sorteo máis importante do ano, tampouco.
"Vimos desde A Coruña parando polo camiño e comprando décimos. En Ordes compramos o último número que quedaba e a vendedora xa nos dixo que era o que ía tocar, o gordo", conta unha muller.
"A sorte hai que perseguila a calquera hora. Son as últimas e esperamos que toque", engade outra compradora.
"Todos os anos compramos a última hora, a ver se toca, a ver se temos sorte", explica un home.
"A última hora sempre, senón gastamos moitos cartos. Daquela vimos o último día sempre", asegura outro.
"Como din, todos van ao bombo", puntualiza un comprador.
"A ver se o último é o da sorte", espera outro.
"Coñezo unha persoa á que lle tocou comprando o último día, así que me dixen: a ver se me vai pasar igual a min", conta unha rapaza.
"O prazo de devolución acaba ás dez e media da noite, pero eu creo que ás oito ou así xa non terei nada que vender", indicaba o titular da administración número 3 de Santiago, José Luis Tojo Núñez.