Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anos despois de que caese o Gordo na Fonsagrada non hai cambios, só a ilusión porque volva tocar

Dous anos despois de que caese o Gordo na Fonsagrada non hai cambios, só a ilusión porque volva tocar

Na administración da vila notan máis vendas desde que no 2022 repartiron 180 millóns de euros

Algúns dos agraciados recoñecen que lles veu ben o premio, pero que non lles mudou a vida

G24.gal 21/12/2024 16:10

Na véspera do sorteo extraordinario da lotería de Nadal na única administración da Fonsagrada hai ringleiras para facerse con algún décimo. A loteira, que en cuestión de días se xubila, foi quen hai dous anos despachou 450 décimos do número agraciado co premio Gordo. Lembra aquel momento con ledicia.

Tocaran daquela 180 millóns de euros. Fora un premio moi repartido, tanto no pobo coma na veciña Asturias, de aí que moitos busquen de novo a sorte.

Entre os agraciados na Fonsagrada está esta hostaleira, que aínda que feliz polo premio asegura que non lle mudou a vida.

Só queda manter a ilusión.

Lembren que a sorte pode estar en calquera lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade