Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas galegos celebrarán o seu XV congreso o 8 e 9 de marzo

Os socialistas galegos celebrarán o seu XV congreso o 8 e 9 de marzo

Gómez Besteiro optará á reelección como secretario xeral do PSdeG

Os precandidatos terán que achegar un 12% de avais da militancia

21/12/2024 15:03 Última actualización 21/12/2024 16:21

O PSdeG-PSOE desvelou hoxe a data do seu próximo congreso. Esa cita dos socialistas galegos será o 8 e 9 de marzo.

O proceso das primarias comezará o 13 de xaneiro e desembocará na escolla do secretario xeral e da nova executiva. O actual líder do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, postulouse para a reelección e falta por saber se terá competidores nese camiño.  O 41 Congreso Federal que o PSOE celebrou a finais de novembro en Sevilla determinou que os precandidatos teñan que achegar un 12% de avais da militancia nos procesos autonómicos.

Durante o mes de febreiro, o PSdeG debaterá o relatorio político, que incluirá temas como os dereitos laborais, os servizos públicos, a vivenda ou a igualdade:

"Ese congreso galego para os días 8 e 9 de marzo, ese congreso galego, que coincide co día da igualdade e o día da muller, porque queremos facer ese congreso tamén pensado e centrado na igualdade, queremos facer ese congreso centrado niso. A política da igualdade non é que sexa unha política, é a política que nós queremos desenvolver. Este partido se é algo é un partido feminista, claro que si", sinalou Gómez Besteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade