Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento aproba definitivamente os orzamentos da Xunta para 2025

O Parlamento aproba definitivamente os orzamentos da Xunta para 2025

A maioría absoluta do PP dá luz verde ás contas públicas "sen sobresaltos, sen estridencias e sen liortas"

O PSdeG di que non responden ás "necesidades" do país e o BNG cualifícaos como "o carbón nun agasallo de Nadal"

O presidente da Xunta felicita o conselleiro de Facendo tras a aprobación definitiva dos presupostos, este martes no Parlamento de Galicia (EFE / Lavandeira Jr.). O presidente da Xunta felicita o conselleiro de Facendo tras a aprobación definitiva dos presupostos, este martes no Parlamento de Galicia (EFE / Lavandeira Jr.).
G24.gal 17/12/2024 08:14 Última actualización 17/12/2024 14:24

Os orzamentos da Xunta para 2025 quedaron aprobados este martes no pleno do Parlamento, un ano máis co único apoio da maioría parlamentaria do PPdeG, que só aceptou parcialmente unha emenda das case 1.200 que presentadas polos grupos da oposición.

Os orzamentos autonómicos de 2025 ascenden a 13.954 millóns de euros, un 2,6 % máis que os deste ano, cunha previsión de crecemento do PIB de 2,1 % e unha taxa de desemprego que descenderá ata o 9,1 %.

 

Os socialistas fixaron a súa postura a través das intervención da parlamentaria Elena Espinosa, quen asegurou que as contas públicas "non van na boa liña que nós defendemos".

A voceira do BNG, Ana Pontón, comparou os presupostos co "carbón" nun "agasallo de Nadal", mentres se estende, dixo, "a alfombra vermella" ás multinacionais que veñen "espoliar" o país. 

En cambio, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defendeu os orzamentos para 2025 como unhas contas "pensadas para o futuro, desde a estabilidade, ilusionantes e ao mesmo tempo realistas", fronte a unhas emendas da oposición que son unha "fantasía" e só reflicten a "inestabilidade" destes partidos. "Sen sobresaltos, sen estridencias e sen liortas", apuntou.

A única proposta da oposición que se incluíu, xa nun trámite anterior, foi a transacción dunha emenda socialista pola que se destinará medio millón de euros para o proxecto de crear un museo da romanización en Lugo, aínda que o PSdeG pedía dous millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade