Unha profesora de Sandiás, atrapada polo ciclón na illa de Mayotte
Unha profesora de Sandiás, atrapada polo ciclón na illa de Mayotte
Leva cinco anos traballando de profesora de español nesta illa francesa, e a súa familia pide desesperadamente axuda para que a repatrien a España
Un ciclón arrasou con todo na illa de Mayotte, no canal de Madagascar. As autoridades calculan que hai centos ou miles de vítimas mortais. Tampouco hai auga, infraestruturas nin funcionan as comunicacións.
No medio desa traxedia hai 50 españois atrapados, entre eles Raquel Trigo, unha veciña do concello ourensán de Sandiás. Leva cinco anos traballando de profesora de español nesta illa francesa. A súa familia pide desesperadamente axuda para que a repatrien a España.
Esta limiá está a salvo, pero vivindo en condicións críticas. Vento de máis de 200 km hora arrasaron este arquipélago do Índico, onde dos 300.000 habitantes, un terzo viven en chabolas que quedaron desfeitas. O Goberno francés calcula que haberá varios centenares de mortes.
Raquel, profesora de español tras aprobar unha oposición en Francia, estudou Interpretación e Tradución en Vigo e vivía en Barcelona, pero namorouse da illa.