Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas irmás de Muros e unha veciña de Sandiás atópanse atrapadas na illa Mayotte tras o ciclón

Dúas irmás de Muros e unha veciña de Sandiás atópanse atrapadas na illa Mayotte tras o ciclón

Raquel, Carla e Carina son os nomes das tres galegas que se atopan nesta illa situada na canle de Mozambique

Imaxe da situación tras o paso do ciclón Chido Imaxe da situación tras o paso do ciclón Chido
G24.gal 19/12/2024 13:41

A alcaldesa de Muros, María Lago, explicou este xoves que tras ter constancia da situación de Carina e Carla Sendón, veciñas do municipio, na illa de Mayotte, está a facer xestións cos familiares ademais de "exercer un pouco de presión" sobre as autoridades para coñecer en profundidade o seu caso e cando sairán da illa.

É o mesmo caso que o de Raquel Trigo, de 32 anos e veciña do municipio ourensán de Sandiás. O seu alcalde, Felipe Traveso, sinalou que sabe do estado da moza polo que lle traslada a familia. 

"Parece que está en boas condicións, teñen comida e, aínda que non hai auga corrente, si hai uns depósitos para que poidan collela, ademais puxeron un punto de recarga para o móbil, polo que puido falar coa súa familia", apuntou. Sinala tamén a falta de electricidade, pero, despois de falar coa Subdelgación do Goberno, afirma que desde o Executivo central "estase a traballar niso". 

"Non é fácil porque a torre de control está derrubada e non poden saír avións", dixo ao limitar o transporte aéreo, polo que lle trasladaron, ao dalgún avión do Exército. "Espérase que se poida restablecer e ir ata a illa de Pascua", sinalou no caso dos comerciais.

O paso do ciclón Chido

O paso deste ciclón deixou xa numerosos falecidos no norte de Mozambique, especialmente nas provincias de Cabo Delgado e Nampula. Unha cifra á que se suman os máis de 174.000 damnificados. Más de 35.000 vivendas quedaron total ou parcialmente destruídas, segundo un reconto da Oficina para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) da ONU.

O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) advertiu de que 90.000 nenos resultaron damnificados só na provincia de Cabo Delgado, onde polo menos 186 aulas quedaron destruídas e 20 instalacións sanitarias víronse tamén afectadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade