Publicador de contidos

Contido coa etiqueta onu .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta onu .

Onu

Reuters

Os Estados Unidos vetan unha resolución da ONU para o alto o fogo en Gaza

20/11/2024 17:18

É a cuarta vez que exercen o dereito que teñen como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas

O embaixador dos Estados Unidos ante a ONU xustificou a oposición en que non estaba condicionado o alto o fogo á liberación dos reféns retidos por Hamas

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   OS EUA   ONU   GAZA

Obxectivo da COP29: aumentar o financiamento dispoñible para afrontar os desafíos climáticos

11/11/2024 08:18

A COP29 buscará consensos para alcanzar o Novo Obxectivo Colectivo Cuantificado ou o incremento do Fondo de Perdas e Danos de apoio aos países máis vulnerables, pero tamén para regular os mercados de carbono

Negociadores climáticos temen o regreso de Trump á Casa Branca porque durante a súa primeira presidencia alegou que o Acordo de París poñía en "permanente desvantaxe a economía e os traballadores estadounidenses"

Categorías:  Mundo   Política



Ferido, por disparos israelís, outro casco azul da misión de paz da ONU no Líbano

12/10/2024 16:28

Xa son cinco os soldados das Nacións Unidas feridos en tres días por ataques atribuídos ás tropas xudías


Biden este venres na Casa Branca. REUTERS/Nathan Howard

Biden pídelle a Israel que non ataque a misión das Nacións Unidas no Líbano

12/10/2024 08:43

A Forza Provisional da ONU sufriu catro ataques atribuídos ás tropas hebreas nos que quedaron feridos catro cascos azuis


António Guterres este venres en Laos. REUTERS/Athit Perawongmetha

Un cento de países súmanse á iniciativa de Chile para apoiar a Guterres fronte a Israel

12/10/2024 08:37

Defenden o secretario xeral da ONU fronte á declaración do Estado hebreo de "persona non grata"


Macron durante a última asemblea xeral da ONU en Nova York

España, Francia e Italia expresan a súa indignación polos ataques israelís a FINUL

11/10/2024 19:08

Nunha declaración conxunta difundida polos tres gobernos, subliñan a súa condición de "nacións que contribúen desde hai moito tempo á FINUL e socios do Líbano e Israel"

O Ministerio francés de Exteriores convocou este venres o embaixador israelí en París


Un terzo dos alimentos que se producen no mundo acaban no lixo

29/09/2024 14:25

A Organización das Nacións Unidas fai un chamamento a practicar un consumo máis responsable

Categorías:  Mundo   Economía   Consumo
Etiquetas:  ONU

Intervención de Sánchez na ONU en presenza do presidente do Brasil (dereita)

Sánchez chama na ONU a mobilizarse contra os extremismos e as noticias falsas

25/09/2024 08:52

Á reunión organizada por Sánchez e Lula acudiron líderes como o presidente chileno Gabriel Boric, o primeiro ministro canadense Justin Trudeau ou o presidente do Consello Europeo Charles Michel

Categorías:  España   Mundo   Política
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   ONU

REUTERS/Mohamed Azakir

A ONU ve factible unha saída diplomática tras o bombardeo israelí preto de Beirut

21/09/2024 08:37

Familiares de persoas desaparecidas tras o ataque aínda agardan novas dos seus seres queridos


Antonio Guterres, secretario xeral da ONU

A Asemblea Xeral da ONU aproba esixirlle a Israel a fin da ocupación de Palestina antes dun ano

18/09/2024 18:21

O texto esixe ademais a Israel que devolva as terras confiscadas aos palestinos, permita o retorno dos desprazados polos asentamentos e proceda ás reparacións aos damnificados

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   ONU   PALESTINA

Urna electoral en Venezuela (Europa Press)

A ONU considera que os procesos do CNE de Venezuela carecen de transparencia

14/08/2024 08:35

O panel de expertos das Nacións Unidas cre que a xestión de resultados feita polas autoridades electorais venezolanas tras as eleccións careceu das "medidas básicas de transparencia e integridade"

O Goberno de Venezuela di que o panel da ONU difunde "mentiras" sobre os comicios e o ente electoral táchao de "panfletario"


Tanques israelís na fronteira. REUTERS/Amir Cohen

Morren dezaseis persoas no ataque israelí a unha escola da UNRWA no centro de Gaza

06/07/2024 19:32

Outras 25 persoas morreron este sábado, entre elas cinco xornalistas, noutros ataques na franxa


(REUTERS / Doaa Rouqa)

Un ataque israelí contra unha escola da ONU en Gaza deixa máis de 40 mortos e ducias de feridos

06/06/2024 12:04

Israel asegura que na escola se agochaban "entre 20 e 30 terroristas" de Hamas e da Xihad Islámica

O masacre perpetrouse de madrugada, mentres a xente durmía

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   ONU   HAMAS   GAZA

Unha inmensa maioría de estados pide a integración plena de Palestina na ONU

10/05/2024 17:44

Votaron a favor 143 dos 193 estados membros das Nacións Unidas

Israel di que "é un premio aos terroristas de Hamas"

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   ONU   PALESTINA

Concentración contra a futura 'lei de concordia' do Consell da Generalitat, en marzo de 2024 en Valencia (Europa Press).

Tres relatores da ONU instan a España a preservar a memoria histórica fronte ás 'leis de concordia' de PP e Vox

03/05/2024 10:27

Responden á denuncia do Goberno e advirte do perigo de que se invisibilice as violacións cometidas durante o réxime franquista

O Goberno empraza as CC. AA. para corrixir as súas 'leis de concordia'

Mañueco di que descoñece o informe da ONU e que non dubida en condenar a ditadura franquista

Feijoó di que "non hai que dar por aprobadas leis que aínda non o están"


As tropas israelís atacan por terra, mar e aire unha franxa de Gaza sumida na catástrofe

28/04/2024 09:53

O portavoz do secretario xeral da ONU cualificou as condicións de vida no enclave palestino de "atroces"

Hamas estuda a última proposta de tregua de Israel que segue a insistir na súa determinación de invadir Rafah


Os Estados Unidos vetan o ingreso de Palestina como membro da ONU

18/04/2024 20:21

Foi o único membro do Consello de Seguridade en votar en contra

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ONU   PALESTINA

O ministro de Exteriores de Irán, o pasado 14 de abril en Teherán (Reuters).

Irán asegura que avisou os Estados Unidos do ataque a Israel

18/04/2024 08:16

O ministro de Exteriores iraniano afirma que mandaron outra mensaxe máis despois da ofensiva en que afirman que non buscan unha escalada da tensión na rexión

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   OS EUA   ONU   IRÁN

Reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU e do G7 para responder a Irán

14/04/2024 14:55

A Unión Europea e ducias de Estados condenan a acción militar iraniana

Pedro Sánchez tamén censura o ataque e pide "responsabilidade e contención"

Categorías:  Mundo   Política

Actividade no Centro de Control da Forza Aérea israelí durante o ataque (EFE)

Israel mantense alerta tras interceptar máis de 300 proxectís iranianos

14/04/2024 07:52

O Consello de Seguridade da ONU reúnese de urxencia este domingo a pedimento de Israel

Biden dá o seu apoio a Netanyahu tras un ataque "sen precedente" e buscará resposta do G7


Sánchez recolle á Memoria como arma electoral contra a oposición

Aragón di que non "darán un paso atrás" na lei de concordia

05/04/2024 14:14

Sánchez leva á ONU e a Bruxelas a súa ofensiva contra as leis de concordia dos gobernosdo PP e Vox

O presidente da Generalitat Valenciana acusa o Goberno de querer "tapar os seus problemas" con recursos ás leis de concordia 


O informe da ONU ve indicios de que Israel está a cometer un xenocidio en Gaza

25/03/2024 18:39

Israel comete de forma intencionada polo menos tres "actos xenocidas" definidos así pola Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio de 1948 

O Consello de Seguridade da ONU aproba un chamamento ao cesamento do fogo en Gaza

Categorías:  Mundo   Política

Votación deste luns no Consello de Seguridade da ONU

O Consello de Seguridade da ONU aproba un chamamento ao cesamento do fogo en Gaza

25/03/2024 16:05

A resolución foi aprobada por 14 votos a favor e unha abstención, a dos Estados Unidos

Netanyahu cancela a viaxe dos seus asesores aos EUA por non vetar a resolución da ONU

Un informe da ONU ve indicios de que Israel está a cometer un xenocidio en Gaza


Nenos palestinos agardando a entrega de comida (Reuters/Ibraheem Abu Mustafa)

A ONU acusa a Israel de cometer un crime de guerra en Gaza ao usar a fame como táctica

19/03/2024 12:21

O alto comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Volker Türk, insiste en que Israel, como potencia ocupante, ten a obriga de garantir o aprovisionamento de alimentos e atención médica

Categorías:  Mundo   Política

O rei reúnese co comisionado da UNRWA, logo de que varios países lle suspenderan o financiamento

08/03/2024 15:06

Philippe Lazzarini visita España para agradecer o apoio no sostemento da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados palestinos


Philippe Lazzarini e José Manuel Albares na conferencia de prensa celebrada en Madrid (Reuters)

España destinará 20 millóns de euros en axudas para a UNRWA

07/03/2024 19:41

Albares lamentou que a guerra en Gaza "alcanza cifras absolutamente insoportables"

Lazzarini valorou a axuda de España, que supón "unha mensaxe clara de solidariedade"


Albares: España "non modificará a súa relación" coa axencia da ONU para os palestinos

29/01/2024 12:18

O ministro de Exteriores destaca no Congreso que o Goberno segue de preto a investigación aberta polas Nacións Unidas pola suposta implicación dunha decena dos seus empregados en accións de Hamas


O secretario xeral da ONU pide que se manteñan os fondos á UNRWA

28/01/2024 09:09

Os EUA e O Canadá anunciaron o recorte das axudas tras as acusacións de Israel contra membros da axencia

Guterres lembra que dous millóns de civís en Gaza dependen da axuda da organización para sobrevivir


Gaza suma 26.250 vítimas mortais mentres Israel agudiza o asedio no sur

27/01/2024 08:48

A Corte Internacional de Xustiza ordenou parar o xenocidio do pobo palestino na Franxa

Categorías:  Mundo   Política

António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas en Uganda (France Press)

Guterres ve "inaceptable" a negativa de Netanyahu a crear un Estado palestino

20/01/2024 17:33

O secretario xeral da ONU insistiu no seu chamamento para un cesamento do fogo de inmediato

A guerra en Gaza marcou o cume de xefes de Estado e Goberno do MNOAL


Netanyahu defende a loita "contra o terrorismo" rexeitando a acusación de xenocidio

11/01/2024 17:37

O equipo legal de Suráfrica expuxo os seus argumentos ante a CIX esixindo medidas cautelares e urxentes contra Israel

Netanyahu referiuse ao exército israelí como "o máis moral do mundo" que trata de protexer os civís non involucrados

O venres, o equipo legal de Israel expoñerá os seus argumentos de defensa na Haia

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   ONU   GUERRA   GAZA

Os Estados Unidos volven vetar na ONU un alto o fogo inmediato en Gaza

09/12/2023 08:52

O Goberno de Biden alíñase con Israel e argumenta que o cesamento só serviría para rearmar a Hamás

A resolución, presentada polos Emiratos Árabes Unidos, conseguira o apoio de 97 países en só 24 horas


As Nacións Unidas alertan dun "amoreamento extremo" en Rafah

09/12/2023 08:48

O punto fronteirizo está a recibir milleiros de persoas desprazadas de Jan Yunis e outras áreas desde a fin da tregua


Un dos hospitais aínda operativos en Gaza (Reuters)

A ONU denuncia novos ataques a hospitais e a ofensiva israelí esténdese ao sur de Gaza

05/12/2023 09:04

Tres dos catro hospitais que aínda operan no norte de Gaza sufriron ataques en que morreron polo menos nove persoas

A axuda humanitaria reduciuse a case a metade en comparación coa que puido entrar durante a tregua


Q ONU alerta de risco de fame negra en toda a Franxa de Gaza

17/11/2023 20:31

As Nacións Unidas din que o 70 % da poboación ten perigo de morte por falta de combustible e alimentos

Categorías:  Mundo   Política

Gaza actualmente

A ONU aproba a resolución para establecer pausas humanitarias en Gaza

16/11/2023 11:29

Israel rexéitaa contundentemente 

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ONU   HAMAS   GAZA

Descarga de axuda humanitaria en Gaza

Gaza recibe unha primeira axuda escasa mentres Israel intensifica a presión

21/10/2023 08:54

Chega á Franxa o primeiro convoi de vinte camións polo paso de Rafah despois de 14 días de bloqueo total

A situación é límite para 1,4 millóns de persoas desprazadas e as que están feridas nos hospitais


Persoal das Nacións Unidas en Gaza reclama un cesamento do fogo que permita a entrada de axuda humanitaria

16/10/2023 09:56

A directora executiva da axencia da ONU para os refuxiados de Palestina en Oriente Próximo, Raquel Martí, agarda que, tal e como indican algunhas informacións, se reabra o paso fronteiro de Rafah

Martí advirte que unha ofensiva terrestre de Israel sería un desastre humanitario

Categorías:  Mundo   Política
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 107 resultados.