Novas
Contido coa etiqueta .
Gaza
Hamas e a Xihad Islámica liberan sete reféns nunha escena caótica no sur de Gaza
30/01/2025 13:04
Israel comprometeuse a liberar este xoves 110 prisioneiros palestinos
Netanyahu lamenta as escenas de "crueldade" da liberación dos reféns
Centos de palestinos desprazados comezan a regresar ao norte de Gaza
27/01/2025 08:59
O acordo de cesamento do fogo entre Israel e Hamas permite aos gazatís circular por esta zona desde a madrugada deste luns
O exército hebreo prohíbelles "dirixirse cara a territorio israelí" e "transportar militantes ou armas"
Trump planea baleirar a Franxa de Gaza e enviar a poboación a Exipto e Xordania
26/01/2025 10:05
O presidente dos EUA falou co rei de Xordania sobre a idea de construír vivendas nos países árabes veciños con este fin
"O pobo palestino nunca abandonará a súa terra nin os seus lugares sacros", responde Abás a Trump
Netanyahu enturba o acordo de alto o fogo coa ameaza de paralizar o intercambio de reféns con Hamas
18/01/2025 20:32
Para este domingo está pactado o cesamento do fogo na faixa de Gaza
O Goberno de Israel aproba o acordo de cesamento do fogo na franxa de Gaza
18/01/2025 08:10
O alto o fogo entrará en vigor este domingo, 19 de xaneiro. Segundo anunciou Qatar, será ás 8:30, hora local
Nunha primeira fase, Israel dará luz verde á entrada de axuda humanitaria e combustible e á rehabilitación de hospitais
Hamas vai liberar 33 reféns xudeus a cambio da excarceración dun número non especificado de presos palestinos
O Goberno de Netanyahu debate a aprobación do alto o fogo en Gaza
17/01/2025 20:37
O gabinete de seguridade dá o visto e prace
Entraría en vigor o domingo coa liberación dalgúns dos 33 primeiros reféns
Israel di que os primeiros reféns serán liberados o domingo e convoca unha reunión de Goberno
17/01/2025 08:51
O Goberno israelí reúnese este venres para aprobar o acordo
O exército hebreo non cesou os seus ataques contra a Franxa e polo menos 90 palestinos morreron desde que se anunciou o mércores o acordo de cesamento do fogo
Israel acusa a Hamas de querer modificar o acordo de tregua e atrasa a votación do Goberno
16/01/2025 09:45
"Hamas incumpre partes do acordo nun esforzo por extorsionar concesións de último minuto", denuncian na oficina do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu
Israel mata a máis de 70 gazatís desde o anuncio da tregua
Israel e Hamas acordan o alto o fogo en Gaza a partir do domingo
15/01/2025 18:55
O primeiro ministro de Qatar, que exerceu de mediador, foi quen anunciou a tregua
O acordo chega tras quince meses de conflito, case 47.000 mortos e cun cento de reféns
Israel intensifica os ataques en Gaza que deixan 26 persoas falecidas nas últimas horas
04/01/2025 09:19
Desde o inicio da guerra, en outubro do ano pasado, morreron máis de 45.658 persoas, o 70 % mulleres e menores
Biden planea vender armas a Israel por valor de 8.000 millóns de dólares
04/01/2025 08:36
Segundo o medio dixital Axios, o presidente notificou "informalmente" ao Congreso dos Estados Unidos un acordo neste sentido
Polo menos 20 mortos, entre eles 5 xornalistas, nunha nova onda de bombardeos israelís en Gaza
26/12/2024 12:48
En total xa son 201 os informadores que perderon a vida no conflito
Segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade de Gaza, o número de falecidos dende o inicio da guerra elévase a 45.361
Máis de 30 mortos nun novo ataque israelí no centro de Gaza
13/12/2024 10:47
A ANP responsabilizou a comunidade internacional de non deter a guerra e pediu que se implementen as resolucións da ONU
O pleno do Congreso estivo marcado pola corrupción e por Venezuela
10/12/2024 20:31
O PP presentou unha proposición non de lei para que España apoie a investigación do Tribunal Penal Internacional e solicite unha orde de arresto contra Nicolás Maduro
O Goberno e os seus socios reprocháronlle ao PP esta iniciativa ao representar "unha inxerencia contra a independencia da corte" e recrimináronlle que calen sobre Gaza
Junts e PNV únense a PP e Vox para tumbar a lei do PSOE sobre coidados ao final da vida
Amnistía Internacional conclúe de forma “inequívoca” que Israel “comete un xenocidio” en Gaza
05/12/2024 08:35
A ONG desenvolveu un proceso de “análise legal” e de “investigación minuciosa” para cualificar “os múltiples crimes que cometeu e segue cometendo o exército israelí baixo as ordes do Estado”
O informe determina: "Israel cometeu, con total intención, a matanza de persoas dun grupo protexido, causoulles serias lesións físicas e mentais e someteunos intencionalmente a condicións de existencia que carrexan a súa destrución total ou parcial”
Hamas e Fatah pactan crear un comité independente que xestionará Gaza
03/12/2024 10:01
As dúas formacións palestinas chegaron a un acordo no Cairo para asumir a administración da faixa palestina cando finalice a guerra
Hamás di estar "aberto a discutir" un acordo que inclúa a fin da guerra en Gaza
01/12/2024 09:06
O grupo islamita reuniuse no Cairo con mediadores exipcios e responsables de Fatah para abordar unha posible tregua
A CPI emite ordes de arresto contra Netanyahu e Gallant por crimes de guerra en Gaza
21/11/2024 12:57
Os xuíces tamén aprobaron a orde de arresto de Mohammed Deif, un alto cargo de Hamas considerado xefe da súa ala militar
O primeiro ministro israelí afirmou que ningunha resolución impedirá que o Estado "protexa os cidadáns", mentres que Hamas asegurou que isto expón "o verdadeiro rostro terrorista" de Israel
Os Estados Unidos rexeitan as ordes de arresto
Polo menos 66 mortos nun ataque israelí preto dun hospital en Beit Lahia, no norte de Gaza
Polo menos 66 mortos nun ataque israelí preto dun hospital en Beit Lahia, no norte de Gaza
21/11/2024 09:42
Entre os mortos hai moitas mulleres e nenos, mentres se teme que aínda quedan corpos baixo os entullos ante a imposibilidade dos equipos de rescate de chegar ás casas destruídas
O ataque desta madrugada en Beit Lahia ocorreu horas despois doutro bombardeo israelí que causou 22 mortos no barrio de Sheikh Radwan, a uns tres quilómetros ao noroeste da cidade de Gaza
Os Estados Unidos vetan unha resolución da ONU para o alto o fogo en Gaza
20/11/2024 17:18
É a cuarta vez que exercen o dereito que teñen como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
O embaixador dos Estados Unidos ante a ONU xustificou a oposición en que non estaba condicionado o alto o fogo á liberación dos reféns retidos por Hamas
Decenas de persoas morren nun novo ataque israelí no norte de Gaza
17/11/2024 08:27
O Exército hebreo bombardeou un edificio residencial con 70 persoas refuxiadas en Beit Lahia
Netanyahu destitúe o seu ministro de Defensa por discrepancias sobre a guerra en Gaza
05/11/2024 20:42
O primeiro ministro israelí expresou que hai "brechas significativas", que poderían ir desde o desinterese de Gallant co recrutamento dos ultraortodoxos ata a súa negativa a un acordo de cesamento do fogo
O seu substituto será o ata o de agora titular de Exteriores, o polémico Israel Katz
Van xa 93 mortos nun bombardeo de Israel contra un edificio no norte de Gaza
29/10/2024 08:31
Segundo as autoridades palestinas, o asedio israelí contra os tres principais hospitais do norte de Gaza impide que decenas de feridos poidan ser atendidos
O Parlamento israelí prohíbelle á axencia da ONU que atende refuxiados palestinos operar no país
O Exército de Israel asegura que matou 70 membros de Hezbollah nun só día
27/10/2024 08:42
Tamén confirma a morte nas últimas horas de 40 milicianos en Yabalia, na franxa de Gaza
Israel expón unha nova proposta de tregua que inclúe cesamento do fogo permanente en Gaza
25/10/2024 18:42
A primeira etapa estipula un cesamento do fogo temporal e a retirada das forzas israelís de Rafah, así como a liberación de todos os reféns vivos en mans de Hamas a cambio da excarceración dun grupo de prisioneiros palestinos en cárceres do Estado xudeu
Suspendidos os servizos médicos de emerxencia no norte de Gaza
24/10/2024 08:36
Desde hai quince días, o exército hebreo ataca directamente as ambulancias e os equipos de rescate
A Defensa Civil da Franxa de Gaza pídelles ás organizacións humanitarias e á Cruz Vermella que interveñan "antes de que sexa demasiado tarde"
Israel acusa seis xornalistas de Al Jazeera en Gaza de ser "axentes" de Hamas
23/10/2024 17:56
O exército asegura que atopou documentos no enclave, que supostamente probarían a súa relación coas milicias palestinas
Acúsaos de ser "altofalantes da propaganda de Hamas" a través desta canle de televisión qatarí, que está prohibida en Israel desde o mes de abril
Israel intensifica os ataques no norte de Gaza e cerca o campamento de Yabalia
20/10/2024 09:04
As autoridades palestinas denuncian o asasinato ou desaparición de polo menos 87 persoas nun bombardeo contra un complexo residencial en Beit Lahia
O Exército hebreo considera "esaxeradas" as cifras "publicadas polos medios de comunicación dirixidos por Hamás"
Netanyahu tras o ataque con dron á súa residencia: "Cometeron un amargo erro"
Un ataque israelí deixa 33 persoas mortas no campo de refuxiados de Yabalia, en Gaza
19/10/2024 08:12
Outras 70 persoas quedaron feridas, segundo informan medios locais
Hezbollah ataca cun dron unha residencia de Netanyahu en Cesárea cando non había ninguén no interior
A morte de Sinwar: unha oportunidade para a paz ou o inicio doutra escalada?
18/10/2024 08:24
Netanyahu asegura que a morte do líder de Hamas e cerebro dos ataques do 7 de outubro non é o final da guerra en Gaza: "É o comezo do final"
Hamas avisa a Israel: "Matar os nosos líderes non significa a nosa fin"
Biden e Scholz afirman que a morte de Sinwar abre unha porta á paz en Gaza
Hezbollah anunciou unha "nova fase de escalada" no enfrontamento contra o exército hebreo
Más de 300 persoas morren no norte de Gaza tras oito días de incursión israelí
13/10/2024 12:08
As autoridades do enclave denuncian "unha vaga de asasinatos sistemáticos e un asedio total contra a poboación civil"
O embaixador de Palestina acusa a Israel de facer de Gaza un lugar non apto para a vida humana
10/10/2024 21:08
Tamén os acusa de estar perpetrando un xenocidio contra o pobo palestino
Carmel Efron, supervivente da matanza de Hamas do 7-O: "Pedinlle a Deus que coidase da miña filla"
10/10/2024 14:26
Dos máis de 1.200 mortos daquel día, 364 eran asistentes ao Festivan Nova, celebrado moi preto de Gaza
Carmel Efron, membro do equipo de produción do evento, tivo que correr pola súa vida
Nissim Louk, pai dunha moza asasinada por Hamas con orixe galega
Polo menos 28 mortos nun ataque israelí contra unha escola en Gaza que acolle desprazados
10/10/2024 11:42
O exército israelí, que confirmou o ataque, alegou que a escola era un centro de mando de Hamas
12 mortos nos bombadeos de Israel sobre Beirut
Nissim Louk, pai dunha moza asasinada por Hamas: "O que lle fixeron a Shani é un aviso a Occidente"
09/10/2024 11:30
A imaxe de Shani Louk exhibida como un trofeo polos terroristas foi unha das máis impactantes do masacre do 7 de outubro de 2023
Shani, de 22 anos e antepasados lugueses, foi asasinada xunto co seu mozo, de nacionalidade mexicana
Hamas executou máis de 1.200 persoas ese día en territorio israelí, e secuestrou outras 250, das que un cento aínda non puideron ser rescatadas
Roni Kaplan, voceiro do Exército israelí: "Temos dereito a defendernos de Irán"
08/10/2024 10:12
Desde as IDF aseguran que o obxectivo de Israel non é ampliar a guerra no Líbano, senón conter ameazas
Sánchez reunirase este venres co papa para analizar a situación en Oriente Medio
08/10/2024 09:33
O Goberno recalca que o papa Francisco é unha das voces máis influentes no mundo a favor da paz e o entendemento entre nacións
Albares ve "fóra de lugar" a acusación de que España incita "á destrución de Israel"
07/10/2024 09:56
Israel denunciou que se fixo "apoloxía do terrorismo" nunha manifestación en Madrid contra o "xenocidio" en Gaza, celebrada este domingo
O ministro español de Exteriores di que o antisemitismo é "amplamente rexeitado" e insta as autoridades hebreas a denunciar se cren que se cometeu un delito de odio
España enviará outro avión ao Líbano en que poderán regresar máis españois
Multitudinaria manifestación solidaria con Palestina polas rúas de Santiago
Gaza, un ano despois: un enclave arrasado e unha crise humanitaria sen precedentes
07/10/2024 09:32
Segundo o Ministerio de Sanidade gazatí, controlado por Hamas, o 69 % das 42.000 vítimas mortais son mulleres e nenos
O 90 % da poboación sofre desprazamentos forzosos e só funcionan parcialmente 17 dos 36 hospitais da Franxa
07/10/2024 09:19
Descoñécese polo momento se hai vítimas e o dano causado polos ataques israelís
Estes prodúcense despois de que a véspera o Exército israelí lanzase unha nova incursión en Jabalia