Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roni Kaplan, voceiro do Exército israelí: "Temos dereito a defendernos de Irán"

Roni Kaplan, voceiro do Exército israelí: "Temos dereito a defendernos de Irán"

Desde as IDF aseguran que o obxectivo de Israel non é ampliar a guerra no Líbano, senón conter ameazas

G24.gal 08/10/2024 10:12

O portavoz do exército israelí, Roni Kaplan, detallou nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega as distintas frontes nas que están combatendo e o seus obxectivos. Dun lado, Gaza, onde, explicou, queren "acabar de desmantelar Hamas, tanto desde o punto de vista militar como gobernamental".

Segundo asegurou, lograron destruír as cadeas de mando de máis dunha vintena de batallóns. Lembra que Hamas mantén secuestradas aínda 101 persoas e 60.000 permanecen fóra dos seus fogares. No longo prazo, incide na necesidade de que Israel siga tendo liberdade de acción en Gaza desde o punto de vista militar "para evitar ataques á poboación". 

En canto ao Líbano, Roni Kaplan deixa claro que o obxectivo "non é ampliar a guerra senón conter ameazas". Segundo explicou "non queremos desmantelar Hezbollah, sería un obxectivo demasiado amplo". Céntranse en "diminuír o arsenal de Hezbollah" e alcanzar posicións dos seus xefes, con operacións terrestres en zonas "moi específicas" que son unha ameaza, asegurou, para o norte de Israel. Avanzou que nas últimas horas mataron un alto mando de Hezbollah nun bombardeo en Beirut.

Outro dos focos está posto en Irán. Non quixo dar detalles, pero Roni Kaplan di que teñen dereito a defenderse do ataque da pasada semana, cando Irán lanzou decenas de foguetes sobre territorio israelí. Foi, segundo dixo, "unha agresión flagrante" e avanzou que a reacción será "severa". 

Sobre o malestar de Israel por celebrase en España actos do grupo Masar Badid, que vinculan con organizacións terroristas, cre que está habendo "unha postura metódica de deslexitimar a Israel" e que se está aplicando unha dobre vara de medir aplicando a Israel "unha escala ética" distinta á doutros países. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade