Nissim Louk, pai dunha moza asasinada por Hamas: "O que lle fixeron a Shani é un aviso a Occidente"
Nissim Louk, pai dunha moza asasinada por Hamas: "O que lle fixeron a Shani é un aviso a Occidente"
A imaxe de Shani Louk exhibida como un trofeo polos terroristas foi unha das máis impactantes do masacre do 7 de outubro de 2023
Shani, de 22 anos e antepasados lugueses, foi asasinada xunto co seu mozo, de nacionalidade mexicana
Hamas executou máis de 1.200 persoas ese día en territorio israelí, e secuestrou outras 250, das que un cento aínda non puideron ser rescatadas
Nissim Louk, descendente de xudeus lugueses que marcharon de España en 1492, soubo que Hamas capturara a súa filla pola televisión. "Para un pai, ver algo así é terrible, para nós aquela secuencia era a fin do mundo", contoulle Louk á CRTVG.
Con todo, nun primeiro momento pensaron que estaba presa polos islamistas. A súa morte tardou aínda tres semanas en se confirmar e o seu corpo outros seis meses en ser recuperado nun dos túneles de Gaza.
"É unha advertencia ao mundo: hai malos espíritos e xa se puxeron en camiño", asegura Nissim Louk. "E a xente de España ten que decidir quen quer ser. Como queren que sexan os seus fillos? Como a Shani fermosa que coñecemos ou como a moza sometida polos terroristas nesa furgoneta?".
Con experiencia militar e policial en Israel, Louk denuncia que Irán é quen financia os terroristas de Hamas ou Hezbollah. E fai unha última advertencia: "Se Israel cae, o mundo occidental vai caer tamén".