Publicador de contidos
Publicador de contidos

Más de 300 persoas morren no norte de Gaza tras oito días de incursión israelí

Más de 300 persoas morren no norte de Gaza tras oito días de incursión israelí

As autoridades do enclave denuncian "unha vaga de asasinatos sistemáticos e un asedio total contra a poboación civil"

Un F-16 israelí sobre o ceo de Gaza. REUTERS/Amir Cohen Un F-16 israelí sobre o ceo de Gaza. REUTERS/Amir Cohen
G24.gal 13/10/2024 12:08

Más de 300 persoas morreron no norte de Gaza en ataques israelís desde o iniciou dunha nova operación terrestre na zona o pasado 6 de outubro, segundo anunciou este domingo o Goberno da Franxa, en mans de Hamas.

As autoridades do enclave denunciaron que no norte, onde aínda quedan unhas 400.000 persoas, produciuse "unha onda de asasinatos sistemáticos e un asedio total contra poboación civil, especialmente menores e mulleres", que afecta ás zonas de Yabalia, Beit Lahia e Beit Hanoun.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade