Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel di que os primeiros reféns serán liberados o domingo e convoca unha reunión de Goberno

Israel di que os primeiros reféns serán liberados o domingo e convoca unha reunión de Goberno

O Goberno israelí reúnese este venres para aprobar o acordo

O exército hebreo non cesou os seus ataques contra a Franxa e polo menos 90 palestinos morreron desde que se anunciou o mércores o acordo de cesamento do fogo

Familiares de reféns, este venres en Tel Aviv (Reuters). Familiares de reféns, este venres en Tel Aviv (Reuters).
G24.gal 17/01/2025 08:51 Última actualización 17/01/2025 12:16

A Oficina do primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, confirmou este venres que o intercambio de reféns israelís por presos palestinos comezará "segundo o plan previsto" o domingo, unha vez o gabinete de seguridade e o Goberno, que xa están reunidos, aproben este venres a implementación do cesamento do fogo.

"Unha vez o gabinete (de seguridade) e o goberno dan a súa aprobación e o acordo entre en vigor, a liberación dos reféns levará a cabo segundo o plan previsto, segundo o cal se espera que os (primeiros) reféns sexan liberados o domingo", anunciou a Oficina nun comunicado.

Nestes momentos continúa a reunión na oficina de Netanyahu en Xerusalén, quen pouco antes encabezou unha avaliación de seguridade sobre a implementación do acordo xunto ao equipo negociador que regresou de Doha, onde tivo lugar a última rolda de negociacións.

Estaba previsto que o Goberno israelí votase onte a aprobación do cesamento do fogo en Gaza, tras máis de 15 meses de guerra, o cal liberará progresivamente aos 94 reféns (vivos e mortos) que aínda seguen no enclave comezando este domingo.

Pero onte, Netanyahu acusou a Hamas de tentar lograr concesións "de último minuto" e de querer incluír no troco acordado a presos palestinos pesados acusados de homicidio de israelís, polo que cancelou o voto.

Esta madrugada, ante o temor de que o cesamento do fogo anunciado a noite do mércores por Catar colapsase, a Oficina de Netanyahu asegurou que as discrepancias con Hamas foran solucionadas polos mediadores, e que o acordo seguía adiante.

"O equipo negociador informou ao primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, de que se alcanzou un acordo para liberar aos reféns", anunciou a oficina nun comunicado este venres ás 3:30 da madrugada de Israel (1:30 GMT), ao que xa só queda que o Goberno dea luz verde

Dos 251 secuestrados por Hamas, 94 seguen en Gaza, aínda que as autoridades israelís estiman que polo menos 34 están mortos.

Mentres, o exército israelí non cesou os seus ataques contra a Franxa, tamén esta madrugada, e polo menos 90 palestinos morreron desde que se anunciou o mércores o acordo de cesamento do fogo, segundo a axencia palestina Wafa.

Más de 46.700 palestinos morreron e arredor do dobre foron feridos na franxa polos ataques israelís en 15 meses de guerra devastadora, iniciada tras os ataques de Hamas contra Israel o 7 de outubro de 2023, que causaron uns 1.200 mortos e durante os que 251 persoas foron secuestradas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade