Publicador de contidos
Publicador de contidos

Exteriores confirma o secuestro dun español no norte de África

Exteriores confirma o secuestro dun español no norte de África

É un home que pode estar desaparecido despois de ser capturado por un grupo xihadista no sur de Alxeria

No Ministerio de Exteriores din que o Goberno traballa activamente para esclarecer este presunto secuestro e lograr resolvelo

G24.gal 17/01/2025 08:32

O Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou este xoves pola noite o secuestro dun cidadán español no norte de África. Fontes oficiais de Exteriores informaron de que "distintas fontes fiables confirman que un cidadán español se atopa actualmente retido contra a súa vontade no norte de África". 

O Goberno traballa activamente para esclarecer todos os aspectos e lograr a súa resolución, informaron as fontes do Ministerio de Asuntos Exteriores. Segundo informaron a EFE dúas fontes próximas á investigación, un cidadán español foi secuestrado no sur de Alxeria por parte de membros dun grupo xihadista. Aínda que á primeira hora deste xoves a información dispoñible apuntaba a que a vítima podería ser unha muller que falaba español, finalmente as fontes consultadas confirmaron que é un home.

As alarmas saltaron a última hora da tarde deste mércores cando informacións consistentes e fiables procedentes de Alxeria aseguraban que unha turista española fora secuestrada por integrantes do Estado Islámico no Gran Sáhara (EIGS). Segundo esas informacións, os secuestradores liberaron as persoas que se atopaban coa española na fronteira con Alxeria antes de entrar en territorio de Malí e esta quedou como refén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade