Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai 15 anos do secuestro do Alakrana: 47 días en mans de piratas no Índico

Fai 15 anos do secuestro do Alakrana: 47 días en mans de piratas no Índico

Foi o secuestro máis longo dun buque español

A bordo ían 36 tripulantes, dezaseis deles españois, e deles oito galegos

G24.gal 02/10/2024 14:21

A madrugada do dous de outubro o Alakrana que faenaba fronte as costas somalís perdía a comunicación. 

Horas máis tarde dous helicópteros luxemburgueses confirmaban o secuestro. 36 tripulantes oito deles galegos viviron 47 días de angustia a bordo do atuneiro secuestrados por piratas somalís. 

O Alakrana foi dirixido á costa de Somalia. As autoridades españolas e a empresa do buque comezaban as xestións para resolver a situación. Mentres os familiares vivían un pesadelo

Na madrugada do 4 de outubro dous dos piratas eran capturados pola Armada española. 

Nos seguintes días temeuse pola vida dos mariñeiros. 

O pagamento de dous millóns e medio de euros polo rescate puxo fin ao secuestro o 17 de novembro. O acontecido marcou un antes e un despois nas estratexias de seguridade no Índico. 

Os oito mariñeiros galegos de Baiona, Ribeira e Aguiño regresaban as súas casas tres días despois da liberación onde por fin puideron abrazar as súas familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade