Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel intensifica os ataques en Gaza que deixan 26 persoas falecidas nas últimas horas

Israel intensifica os ataques en Gaza que deixan 26 persoas falecidas nas últimas horas

Desde o inicio da guerra, en outubro do ano pasado, morreron máis de 45.658 persoas, o 70 % mulleres e menores

Unha das persoas falecidas nas últimas horas na cidade de Gaza. REUTERS/Dawoud Abu Alkas Unha das persoas falecidas nas últimas horas na cidade de Gaza. REUTERS/Dawoud Abu Alkas
G24.gal 04/01/2025 09:19 Última actualización 04/01/2025 11:57

Os ataques israelís das últimas horas causaron 26 mortos en Gaza, segundo confirmaron fontes médicas palestinas. O Exército hebreo intensificou as súas incursións dende o xoves pasado.

De acordo coa axencia oficial de novas palestina Wafa, as tropas xudías bombardearon edificios residenciais do campamento de Yabalia, no asediado norte da Franxa.

Este venres Israel desmentiu que ordenara a evacuación do hospital Indonesio, o único que continúa operativo no norte, despois de que o seu persoal denunciara ataques contra as instalacións.

En Gaza cidade, tamén se rexistraron novos bombardeos este sábado, concretamente no barrio de Shujaiya e Al Daraj, onde os equipos de rescate recuperaron tres vítimas dos entullos e trasladaron varios feridos a centros hospitalarios.

No sur do enclave, en Jan Yunis, as forzas israelís atacaron unha tenda de campaña que albergaba persoas desprazadas preto da rúa Jalal, no centro da cidade. Tamén morreron un cidadán e un neno tras un bombardeo israelí contra dúas casas.

Ademais, morreron cinco persoas nun ataque contra un vehículo no que viaxaba persoal de seguridade e de empresas privadas.

Netanyahu incrementou os seus ataques contra axentes da policía e forzas de seguridade de Hamas que, na maioría dos casos, custodian camións con axuda humanitaria.

Máis de 45.500 vítimas mortais

Desde o inicio da guerra en Gaza, en outubro do ano pasado, morreron máis de 45.658 persoas, o 70 % mulleres e menores, e 108.583 quedaron feridas. Ademais, milleiros de persoas seguen atrapadas baixo os entullos.

Do mesmo xeito, os continuos bombardeos causaron unha enorme destrución en todo o enclave con edificios residenciais, escolas e hospitais arrasados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade