Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 55 anos falece ao bater o seu coche contra outro en Vilagarcía

Un home de 55 anos falece ao bater o seu coche contra outro en Vilagarcía

O coche saíu da vía e chocou contra outro vehículo que estaba estacionado

Outras dúas persoas quedaron feridas e foron trasladadas ao hospital do Salnés

Imaxe cedida polo Faro de Vigo
G24.gal 04/01/2025 05:16 Última actualización 04/01/2025 14:15

Un home de 55 anos morreu e outras dúas persoas quedaron feridas esta noite, pouco antes das 23:00 horas, nun sinistro na estrada que vai ao polígono industrial do Pousadoiro.

Segundo transcendeu, o coche circulaba en dirección a Caldas de Reis cando, por causas que se están a investigar, foise da vía e chocou contra outro vehículo que estaba estacionado.

O condutor faleceu e outras dúas persoas sufriron danos, unha en cada coche afectado. Ambas as dúas foron trasladadas ao hospital do Salnés con prognóstico reservado.

É a primeira vítima mortal nas estradas galegas nesta derradeira fase da operación de tráfico do Nadal.

Dende este venres e ata a medianoite do luns están previstos catro millóns de desprazamentos en toda España. O tempo, ademais, non vai acompañar, por iso a DXT pide extremar a precaución ao volante.

Imaxe cedida polo Faro de Vigo Imaxe cedida polo Faro de Vigo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade