Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tendas abertas neste domingo véspera de Reis

Tendas abertas neste domingo véspera de Reis

As compras de última hora, malia o mal tempo, levaron clientes aos centros comercias das cidades galegas

Como aliciente, mesmo estaba a posibilidade de atopar xa algunhas rebaixas que minorasen o impacto dos agasallos no peto

G24.gal 05/01/2025 20:23

A véspera do día de Reis adoita ser unha xornada de moita actividade nos comercios.

"Estamos comprando os últimos regalos: algúns libros, algunha colonia, aínda que o tempo está así, sempre é unha alegría grande poder levarlles aos nosos algo que lles guste".

Así que, a pesar de ser domingo, moitos negocios de Santiago abriron para atender a clientela que, por un ou outro motivo, deixou para última hora a busca dos regalos. 

"A última hora sempre penso en que quizais un pouco máis de ilusión estaría ben, pero a verdade é que teño todo, aínda que apetece algo máis e o ambiente axuda".

"Non tiven tempo, cos estudos, agora foi xusto o momento en que puiden".

"Creo que os comercios afixéronnos a que se abra ata última hora e acabas deixando todo para o último momento. Está ben pasear e ver o ambiente".

Esperar ata o último momento pode supoñer quedar sen o ansiado agasallo, pero tamén pode ser bo para o peto.  

"Xa vimos que nalgunhas tendas hai bastantes rebaixas e sempre axuda, claro".

"Como adoito comprar libros ou algún xoguete, aí non atopas moita rebaixa".

Ao final, o importante é acertar co regalo.

"Como é maior, xa vou con el e elixe o que quere. O dos Reis foi hai anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade