Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mortes por afogamento nun ano dispáranse a 64 en Galicia no 2024

As mortes por afogamento nun ano dispáranse a 64 en Galicia no 2024

A comunidade galega sobe ao segundo posto con 18 falecementos máis que o ano anterior

G24.gal 07/01/2025 11:49

As mortes por afogamento nun ano dispáranse a 64 en Galicia no 2024. Foron 18 máis con respecto a 2023. Este dato converte a Galicia na segunda comunidade autónoma, tras Andalucía, con máis falecementos por este motivo. 

No 2023 situabase no cuarto posto. Segundo datos do Informe Nacional de Afogamentos (INA) que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo e que sinala que en 2024 producíronse, a nivel estatal, 471 mortes por afogamento en espazos acuáticos.

Neste informe non se contabilizan as provocadas pola DINA a finais de outubro no Levante. Son ao redor de medio centenar máis que as 422 de 2023. Galicia, sobe ao segundo con 64 falecementos, 18 máis que o ano anterior

O perfil da persoa morta afogada en España durante 2024 é a dun home (81,5 %), maior de 55 anos (46,7 %), de nacionalidade española (85,6 %), que morre nunha praia (51,8 %).

De feito, ao longo de 2024, a praia foi o escenario onde se rexistrou un maior número de mortes por afogamento, un 51,8 %; seguido de ríos cun 18,05 % e as 12,1 %; mentres que 85 delas producíronse noutros espazos acuáticos.

Ademais, o 14,01 % déronse en lugares con vixilancia, fronte ao 45,22 % en zona sen vixilancia; 192 en lugares onde non procedía dispoñer de servizo.

Do mesmo xeito, os meses de verán (xuño, xullo, agosto e setembro) son os que acumulan o maior número de afogamentos, cun total de 269, mentres que os de inverno (xaneiro, febreiro, marzo e decembro) sumaron ata 89 mortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade